Valora este artigo
(7 Votos)
Sandra Ínsua Rial repite número 2 na candidatura dos Socialistas de Camariñas Sandra Ínsua Rial repite número 2 na candidatura dos Socialistas de Camariñas
Sandra Insua Rial, e para a maioría da xente que a coñece ,Sandra do Rosquilleiro, aínda que naceu en   Suiza, criouse a cabalo entre Tufións e a Ponte, e síntese porteña de corazón. É a máis veterana da lista socialista, pois xa foi tenente alcalde con Bautista. Nestas eleccións, está convencida de volver a gañar.

Aínda que non nacestes na Ponte, sínteste porteña de corazón...
Si, moito, eu crieime en Tufións, pero siempre viña para a Ponte na festa, para a casa do Crioso, que e meu tío. Os libros para a escola...comprabaos na casa de Nondita, si tiña que comprar uns zapatos, na casa de Soledad...e despois xa vin vivir para aquí. E era moi noviña aínda. Son tan porteña que puxen a miña filla na escola da Ponte.

Sandra Ínsua na Casa do PoboJeje...pero díxome un paxariño que a túa filla se sinte camariñana….
Jajajaja!!sii!!ela e camariñana. Vive en Camariñas e síntese de Camariñas!

Repites outra vez na lista socialista, e eres a máis veterana, así que suponse que nestes catro anos estivestes moi a gusto con Pichurri.
Si, moitísimo! a verdade e que de marabilla. Nesta lexislatura tiven dous embarazos, e tiven todo o seu apoio. É un loitador, e pide e pide e pide para Camariñas. Nunca se cansa! É unha marabilla de persoa.

E con Bautista?que tal e a túa relación?
Non o vexo tanto como antes, evidentemente, pero aínda cando o vexo parece que me da un palpito no corazón, téñolle moito cariño e moitísimo respeto!! para min e un referente.

El foi, pódese dicir de algunha maneira o teu descubridor...
Non!! el ven pedirme que fose na lista. Xa fora no numero 13 fai anos. Pero el ven porque llo dixo Salvador, que me escoitara falar de política e viu que era do PSOE.

Foron mais duros estes últimos catro anos, ou cando empezou na política?
Uii! moitísimo mais duros os primeiros. Non tiña experiencia, ademais foi cando a Bautista lle dera o infarto, e tivera que quedar de alcaldesa. Foron momentos duros. Ademais o xefe da oposición dixérame que me ía a apoiar en todo. Iso foi un sábado, e o martes convocou pleno extraordinario, aproveitando que Bautista non estaba. En fin...

Seguio nesa liña a oposición non?
A oposición e malísima. Non fan nada, non lle importa para nada o pueblo, solo dicir que non, inventar problemas onde non os hai...pésimos. Solo queren chegar o poder a costa do que sea.

Ademais de tenente alcalde, eres a concelleira de cultura e deporte, que foi o mellor nestes catro anos?
Jeje...pois evidentemente, a alegría do ascenso do C.B.C. Foi moi emocionante. Pero en xeneral de todo. O fútbol, o badminton, a ximnasia...todo!! Aínda do que me sinto especialmente orgullosísima, e da “Educación para adultos”, ven xente de toda a comarca as clases. Puxemos o bacharelato tamén....Outro motivo de orgullo e a creación do equipo feminino, que ten unha directiva exemplar.

Sandra Insua RialE boa a relación cas directivas?
Si, moi boa. Hai pouco houbo dúas dimisións no náutico que me doeron na alma. Sobre todo unha, que e unha gran amiga miña. En colaboración co náutico temos o proxecto “Mar na escola”, e estamos moi contentos.

Vostede e a candidata por Ponte do Porto, cal e o balance do feito nesta parroquia nestes catro anos?
Pois moi positivo, cunha inversión de 10 millóns de euros. Fixemos a canalización da Rúa Porto, o peche do vertedoiro, o arranxo das Barrosas, a depuradora de augas, unha obra histórica e millonaria, o ascensor da clínica, a Avenida de Xarás, a traída de auga municipal, o arranxo do parque infantil...e agora xa temos aprobadas, o arranxo do campo de fútbol e o arranxo das aceras do outeiro o Allo.

Que pensa do candidato popular pola Ponte?
Pois coñezo de toda a vida, nunca pensei que se puxera en política, máis ben pensei sempre que seria o pai, pero xa ves,jejeje.

Pensa volver a ganar?
Si, a miña quiniela e 8 para o PSOE, jeje, así entra Rosana, e 5 para o PP.

Sandra marcha apurada porque ten que darlle de cenar os pequenos. Un pracer.

7297 Modificado por derradeira vez o Mércores, 18 Mai 2011 09:00
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.