Mercedes Martín, unha veciña de Camelle

Valora este artigo
(5 Votos)
Mercedes Martín, unha veciña de Camelle na lista electorral dos Socialistas de Camariñas Mercedes Martín, unha veciña de Camelle na lista electorral dos Socialistas de Camariñas
Mercedes Martín, repite este ano na candidatura socialista por Camelle. Xa leva moitos anos na vila mariñeira, onde traballou na Casa do mar, na cofradía, e no centro de saúde, onde sigue traballando. Camellana de corazón, Merce

 

 

Catro anos como concelleira en Camelle,pero con momentos moi difíciles...
Si, eu levábame ben con todo o mundo, ata que me definín en política e me presento co PSOE, entón houbo persoas que me deixaron de falar, que conste que con esas persoas agora teño moi boa relación.

Mercedes Martín na Casa do Pobo

Pódese dicir que os momentos mais duros foron co tema da piscifactoría?
Sen dubida, foron momentos moi difíciles. Eu paseino mal sobre todo pola miña filla, porque tiña que escoitar cousas que non eran agradables. Incluso houbo xente que a deixou de lado. Tiven moita presión, amenazas, as que tampouco lle dei moita importancia dende unha páxina...incluso me chegaron a meter “basura” por dicilo de algunha maneira, na porta da casa.

Sigue pensando que era algo bo para Camelle?
Claro! mira, si pensase egoistamente, a min teríame que dar igual. Eu teño o meu traballo, o meu home e pensionista...pero teño unha filla, que como xa dixen é camellana, e quere vivir en Camelle. Eu vía unha oportunidade magnífica para que o pobo avanzase. Penso que foi un tren que deixamos pasar. En postos de traballo, en cartos que quedaban no pobo!! pagábase a 15 euros metro cadrado! estamos a falar de mais de 3 millóns de euros que quedarían en Camelle, estamos a falar 500 millóns das antigas pesetas!! repartido entre os veciños que tiñan terras! e traballo! Camelle desgraciadamente perdío poboación, cerran bares...a oficina de Caixa Galicia...

Por qué pensas que non quixeron a piscifactoría?
Como xa che dixen, egoistamente eu tampouco a querería quizais. Pero hai que pensar que sen traballo non hai futuro. O bloque e o PP xuntáronse e enganaron a xente. Mandaban unhas fotos na que aparecía toda a zona da Xandriña ocupada pola piscifactoría cando non era así, era solo un tercio desa zona. Dicían que solo se pagaría a 1 euro o metro...eu mais Pichurri visitamos moitas casas, e non houbo ninguén que nos dixera que non vendía, iso si, pedíanos que non llo dixeramos a ninguén, porque non querían que o pobo o supese. Imaxina a presión que había.

O plan acuícola esta paralizado, pensas que cando pasen as elección volveran a poñelo en marcha?
Estón convencida. Senón perderan as subvencións da unión europea e son moitísimos cartos. Iso si, non pagaran iso, sinon que levaran as terras a prezo de risa.

A fundación Man, foi outro dos quebradeiros de cabeza nesta lexislatura...
Si, desgraciadamente. Tardamos dous anos en inscribila no rexistro de fundacións de interés galego. Dábannos largas, devolvíanos as cousas, o mellor solo por unha palabra mal escrita...eu vía como outras asociacións tardaban dúas ou tres semanas en inscribirse..e nos sempre con problemas, chamaba mil veces e sempre con largas. O final, pedín, que todo o que tivese que cambiar  o pedisen por escrito, así non podían mentir máis, nin darme mais largas. O final xa non tiñan mais escusas, e por fin se inscribío.

Mercedes MartinQue tal a oposición neste tema?
Nin neste tema nin en outros, non son oposición, solo queren poñer pegas e que as cousas non vaian adiante, non lles importa para nada o pobo. Cando foi do de Man, démoslle o posto de secretaria a concelleira de Camelle. E porque quixemos, para que non fose solo do equipo de goberno e todos puidesen participar. Non fixo nada, Sabela foi quen exercio as funcións dela e traballou moitísimo!!! cando estivo inscrita renunciou o posto. Non teño nada en contra dela como persona, pero como concelleira, foi nula.

Aínda así esta contenta co que se fixo en Camelle estes catro anos?
Si,foi unha inversión histórica e millonaria. Arreglaronse calles, o dique de abrigo, que iso sempre o prometía o PP en eleccións, incluso mandaban a un para medir facendo o paripe, pero tivo que chegar un goberno socialista na Xunta para que se fixese. Tamén se fixo a rexeneración da praia, a calle Flaire, a calle da Igrexa, o entorno da casa de Man, a depuradora de augas residuias, que e algo que non se ve pero e moi importante...as actividades!! que teñen moitísima participación, teatro, percusión, gaita, danzas do mundo, ximnasia...tamén lle cedemos un local as palilleiras,para que podan pasar o tempo todas xuntas.

E finalmente...resultado para estas eleccións?
Eu penso que imos gañar. Que incluso teremos mais votos, porque o final a xente ve quen traballa.

Un pracer Merce.

 

7638 Modificado por derradeira vez o Sábado, 14 Mai 2011 17:11
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.