Valora este artigo
(11 Votos)
Sergio Caamaño, sempre pendente do seu pobo e da xente Sergio Caamaño, sempre pendente do seu pobo e da xente MaisCamarinas.com
Sergio Caamaño é o candidato do PSOE por Xaviña. Repite outra vez na lista socialista,  despois de estar catro anos como Concelleiro á fronte da Mostra do Encaixe. Tarefa difícil na que Sergio desempeñou unha excelente labor. Cercano no trato, aínda que algo tímido, tenta revalidar o éxito conseguido nas pasadas eleccións.

 

Sergio na clausura da XXI MostraDe todos os concelleiros, es o máis novo, e tamén o que se dedica a unha das cousas máis complicadas, a Mostra, que tal foi a experiencia?
Pois a verdade é que positiva. Eu non esperaba ocuparme disto, pero cando mo propuxeron aceptei inmediatamente. Eu viña do asociacionismo, Abrindo o Rejo, Asociación de veciños así que pensei que me encargaría máis de temas así. Foi unha sorpresa, pero estou moi satisfeito do traballo realizado.

Coller a organización da Mostra, tendo en conta o legado de Alonso non foi complicado?
Pois non, eu penso que ninguén é imprescindible, a ver si me explico, cando eu marche, outro virá que o faga, o que importa e a maneira de facela, o importante e a maneira que temos de facer as cousas no partido socialista. Eu intentei non ter protagonismo. Na primeira Mostra non falei eu na apertura, fixo o alcalde, prefiro non ser a cara visible, se non que se vexa o traballo dun grupo.

Vostede fixo algunhas reformas na Mostra...o prezo dos stands, invitación a cada casa...
Si, a Mostra por exemplo, cústaballe as arcas municipais uns 70.000 euros, hoxe só preto de 20.000. Decidimos rebaixar a xente do pobo o stand, ademais mandamos invitacións a todas as casas, para que poderan visitar a Mostra. Este ano fomos a casa de cada unha das encaixeiras, para falar con elas, e ver a súa opinión de como facer a Mostra.

Na Casa do PoboAgora todos os axuntamentos explotan a formula de facer algo en Semana Santa, pensa vostede que a Mostra ten futuro?
Eu penso que si. Evidentemente as primeiras foron as mellores, non había nada noutros pobos, vendeuse moitísimo. Agora é diferente, palillase en toda España, aínda que os únicos que o facemos para comercializar somos nos. Eu penso que hai que facer un consorcio, entre  palilleiras, concellos...e xuntos ver como se pode revitalizar o asunto. O que si temos claro, é que algo que esta funcionando moi ben son os desfiles, iso implica que os deseñadores necesitan encaixe para as súas coleccións. Despois de Tesoira, todos os deseñadores din que o mellor concurso é o noso. Model Novias sacou unha colección na que a metade da roupa esta feita con encaixe de Camariñas...aí hai futuro.

Cambiando de tema...vostede como Xaviñán, que pensa do que se fixo no seu pobo nestes anos?
Estou moi contento, aínda que me doe que aínda non poidésemos facer o saneamento. A verdade é que é incrible a de trabas, e burocracia que temos para estas cousas. Sen ir máis lonxe, o que lle contestaron a Pichurri en Augas de Galicia foi “que temos de abondo ca depuradora de Camariñas, Ponte do Porto”. É o que soen dicir...xa tendes de abondo...e incrible. Pero sei que o saneamento en Xaviña vaise facer. Ademais invertíose moito en Xaviña, as aceras de Agramar, as aceras de Prado, a calle do Sixto, as aceras da Iglesia…e en Santa Mariña  en Brea, e en Brañas Verdes vaise facer o saneamento. Non so se invirte na capital coma noutros concellos.

Pensa que o PSOE gañara as eleccións?
Si (rotundo)

Moita sorte Sergio, foi un pracer.

 

8130 Modificado por derradeira vez o Xoves, 12 Mai 2011 07:31
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.