Gemma Pedreira Allo, unha empresaria de Arou

Valora este artigo
(14 Votos)
Gemma Pedreira Allo, unha xove empresaria de Arou nas listas dos Socialistas de Camariñas Gemma Pedreira Allo, unha xove empresaria de Arou nas listas dos Socialistas de Camariñas MaisCamarinas.com
Gemma Pedreira Allo, é o relevo de Germán Camiño como candidata socialista por Arou. Traballadora incansable na empresa familiar, onde se encarga da facturación, o control da fábrica, preparación dos pedidos, como ela di, fago un pouco de todo.

 

Como foi o de presentarse de candidata por Arou?
Gemma no mitin en ArouPois propúxomo Pichurri. Ven a buscarme o traballo. O principio díxenlle que non, eu son moi tímida e a verdade é que me daba un pouco de medo, pero sorprendentemente, os dous minutos xa lle estaba dicindo que si.

Como acolleu a xente en Arou a túa decisión?
Moi ben, de marabilla, todo o mundo apoiándome, menos dúas ou tres persoas que me dixeron que non sabia onde me metía. A verdade e que iso motivoume moito, e agora teño mais gañas que nunca.

Sempre fostes socialista?
Si, de toda a vida, xa me ven de familia de parte a parte, xa miñas bisaboas eran  do PSOE. Elas dicían sempre que viviran outra época, e que non querían saber nada das dereitas.

Que tal se portou Germán?
De marabilla, portouse xenial, axúdame en todo, e sei que esta aí para todo o que necesite. E unha gran persoa, e loitou moito por Arou.

E no PSOE, que tal se portou a xente contigo?
Gemma Pedreira AlloMoi moi ben. Acolléronme xenial, ademais que na casa do pobo hai moi bo ambiente, e fai sentirse a un moi cómodo, todo o mundo che apoia, podes contar con eles para todo...en fin...como nunha familia.

Que pensas do que se fixo en Arou nestes catro anos?
Unha pasada, si ves Arou fai uns anos e agora cambiou completamente. O paseo marítimo doulle moita vida a Arou. Agora hasta parece que os veciños se animan máis a andar. A praza do paseo, outra cousa que quedou moi ben, agora a xente pode vir a praia e aparcar tranquilamente. E despois cousas que non son tan vistosas como o paseo pero que quedaron xenial, como arranxaron as calles que estaban bastante desfeitas, o Bico do campo a Rúa da Praia..a depuradora de Camelle e Arou...en fin...que Arou cambiou moitísimo e para ben.

Quen pensas que vai gañar as eleccións?
Nos!! evidentemente!! teño moi claro.

Gemma déixanos para marchar a Madrid co seu primiño, que ten unha proba co Atlético. Desexámoslle moita sorte e bo viaxe. Un pracer Gemma.


6893 Modificado por derradeira vez o Martes, 10 Mai 2011 19:16
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.