×

Aviso

JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 89

Mari Carmen Linares Chica, A Malagueña

Valora este artigo
(12 Votos)
Mari Carmen Linares Chica "A Malagueña de Buría" Mari Carmen Linares Chica "A Malagueña de Buría" MaisCamarinas.com
Mari Carmen Linares Chica, É, e sempre será a Malagueña para todos os veciños de Camariñas. Casada con un camariñán, é nai de dous fillos, síntese camariñana de corazón, porque como ela di, a vida levouna por moitos lugares, pero este é onde decidiu vivir e criar os seus fillos. De Mari Carmen pódese dicir, que abandeira os ideais de xustiza, progresismo e igualdade do Partido Socialista. A súa timidez, faille pensar a quen non a coñece, que é unha persona de carácter difícil. Todo o contrario.

Cal foi o máis positivo destes catro anos?
Positivo todo, coñeces a persoas moi validas que si non estivese neste posto non coñecería, todo o traballo que se fixo con honradez e esforzo, e tamén todo o que se aprende! que foi moitísimo.
A Malagueña na Casa do Pobo
Quizais hai xente que o non coñecela pode pensar que e unha persona moi seria?
Jaja...A verdade e que eu son moi tímida, e custame abrirme moitísimo, pero unha vez que teño confianza non son así. Eu son moi xusta, e moi coherente cos meus principios, isto a veces non é bo, porque a xente costalle escoitar un non, pero son así.

Case sempre o que máis se ve, son as obras, pero estase a facer un traballo importantísimo en asuntos sociais, que destacarías?
Fíxose moito nestes catro anos. Por dicirche algunhas cousas, aumentamos nun 40% a atención no domicilio as persoas que o necesitan. En igualdade  somos un dos mellores axuntamentos. Estamos co segundo plan de igualdade en convenio ca Universidade de Santiago. Cando llo presentamos quedaron alucinados co que tiñamos feito. Moitísimo para un concello tan pequeno. Fixemos talleres para que se eduque os nenos en igualdade, talleres de educación vial e técnicas de estudo en primaria e E.S.O. Un concurso para os de 2º da E.S.O de cortos con móbil, que optaran a dous premios, o maratón fotográfico, que xa vai pola súa 3ª edición e o que ven xente de toda Galicia...Actividades para maiores de 60 anos...

Falando de maiores de 60, parece que esas actividades teñen moi boa aceptación non?
Si!! temos Taichi en todas as parroquias, piscina para maiores de 60 e para xente con minusvalía, ximnasia de mantemento, talleres de memoria, que tiveron unha aceptación enorme, porque pásano ben e distráense. Facemos un taller en Outono e outro en Primavera. A verdade e que son unha xente marabillosa, apúntanse a todo! Tamén temos o coro municipal de mulleres, que e algo do que me sinto moi orgullosa. Ademais de que o fan moi ben, e cada dia mellor, son xente de todas as parroquias que fan algo en común. Cáeme a baba cando as escoito cantar.

Vostede tamén leva o tema de saúde...
Si, cando entramos coa Xunta do PSOE conseguiuse un practicante e un recepcionista máis para o centro de saúde de Camariñas. Dende que entrou o PP, temos problemas cas baixas, que se reemplazan tarde mal e arrastro.
Mari Camen Linares Chica
Que opinión ten vostede da oposición?
Para min non son oposición, non teñen ideais,  non aportan nada, non traballan polo pobo. Solo meter trabas, criticar...votar en contra de todo aínda que séa bo para o pobo. Algo que non entendo e a cantidade de veces que se absteñen. Hai que ter as ideas claras, ou si ou non. Cando fan iso, é porque non son capaces de votar non, porque saben que o pobo non lle gustara.

Que pensa que vai pasar nas eleccións?
Eu penso que vai ganar o PSOE. A pesar das mentiras da oposición, a xente é moito máis intelixente, e iso vaise ver nas urnas.

A verdade e que un asómbrase das moitas cousas que se fan dende o departamento de servicios sociais do Concello de Camariñas, e que non teñen o recoñocemento que se merece. A parte social do Concello non pode estar en mellores mans.
Un pracer Mari Carmen.

11616 Modificado por derradeira vez o Sábado, 07 Mai 2011 09:01
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.