Valora este artigo
(10 Votos)
Rosana Barbeira fandiño, unha nai traballadora nas listas dos Socialistas de Camariñas Rosana Barbeira fandiño, unha nai traballadora nas listas dos Socialistas de Camariñas MaisCamarinas.com
Rosana Barbeira Fandiño, é a  candidata do PSdeG PSOE pola Ponte do Porto. É unha muller miúda si, pero con unha enerxía e unha alegría que contaxia a quen fala con ela. Traballadora incansable e nai de dous fillos non dubidou en ir nas listas para apoiar ó seu partido.


Rosana na Casa do PoboSocialista de toda a vida non?
Si!!toda a familia, tanto por parte dos meus pais, como da familia do meu home. Dende sempre, xa o mamei na casa. Convencida e orgullosa.

Quen lle pediu ir nas listas?
Sandra e mais Pichurri! viñeron pola miña casa.

E non o dubidaches?
Jajaja...nin un segundo! é máis...antes preguntáronllo a miña nai, e ela díxolles que falasen conmigo pero que seguro era que si, e así foi, non o dubidei nin un momento. Todo o que poda axudar fareino.

Que opinión tes sobre estes catro anos de goberno socialista?
Pois moi boa, fixéronse moitas cousas, eu penso que máis que nunca. E non só obras que son moi importantes e necesarias, senón tamén actividades para os maiores e sobre todo para os nenos. O meu pequeno vai as actividades toda a semana, iso non se ve tanto, pero fíxose un traballo moi importante.

Rosana, unha nai traballadoraTi eres da APA da Ponte do Porto, cal foi a actitude do concello con vos?
Pois moi boa, case sempre falamos con Sandra, e sempre nos apoiou en todo o que se puido. E explicounos as cousas aínda que fose 20 veces. Tamén teño unha filla no instituto da Ponte, onde a Xunta fixo uns recortes inaceptables en profesorado. Iso non e xusto! aféctalle os rapaces, non se poden facer recortes en educación pública.

Que opinión ten de Pichurri?
Moi boa, eu penso que él loita moito por conseguir cousas, e non sempre di que si, que parece que é o que lle gusta algúns, si non se pode facer é mellor que che diga a verdade.

Que tal a acolleron no PSOE?
De marabilla! como na miña casa, eu tiña máis relación con Sandra por cousas da APA, ou con Mari Carmen, pero todos me acolleron estupendamente.

E pensa vostede que o PSOE vai gañar as eleccións?
Jajajajaja!! hoomee!! de calle!! por suposto...

Agradecida de que Rosana fixese un oco entre tanto traballo para atendernos. Un pracer.

7335 Modificado por derradeira vez o Martes, 03 Mai 2011 19:53
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.