Valora este artigo
(35 Votos)
José Luis Rodríguez Tajes, un veciño de Camariñas José Luis Rodríguez Tajes, un veciño de Camariñas MaisCamarinas.com
Quizais se dicimos José Luis Rodríguez Tajes, pouca xente sebe quen é, pero si dicimos Luis de Benedito, Luis o dos cabalos, Luis de Triñans, entón si. Traballador incansable dende os 13 anos e sempre cun sonriso na boca, pódese dicir que non hai ninguén neste pueblo que se leve mal con el.

Ou si?
Jajajaja...bueno, eu sempre me levei ben con todo o mundo pero parece que desde que estou de concelleiro algunha xente mírame doutra maneira, e iso que eu sigo sendo o mesmo, non cambiei absolutamente en nada, non entendo o cambio dalgunha xente.

Luis na Casa do PoboTraballas dende moi rapaz, e ademais estivestes metido en varias asociacións non?
Si ooh!!jaajaja...estiven na comisión de San Jorge xa fai moitos anos, nun grupo de baile, que aínda pediramos pa Virxe do Monte para poder comprar os traxes si nos sobraba algo, pedín po Carmen naquela mítica comisión do ano 86, Asociación cabalar, o FC Camariñas...sempre me gustou moito axudar a que se fixeran cousas no pueblo, e sen cobrar un peso eeh!!jajaja...

E finalmente no partido socialista, como foi este ano de concelleiro?
Pois eu entrei cando o deixou o Roldan, e a verdade que moi contento, fixéronse moitas cousas estes catro anos, o que non o vexa esta cego.

Cal e para ti o mais importante que se fixo nestes catro anos?
Como xa che dixen fixéronse moitas cousas, pero o mais importante é o Plan Xeral. A xente aínda non sabe o beneficio que isto vai traer para Camariñas. Peor do que estaba non vai quedar naide, digo polos comentarios apocalípticos dalgún...jajajaja...

E o peor?
A oposición, por chamalos de algunha maneira, porque iso non e oposición nin nada. Impórtalles un pimento o ben de Camariñas, eles o que queren e chegar o poder a costa do que sexa. Mentindo, calumniando a xente e enganándoa...como no tema dos montes, o tanatorio...non teñen   vergonza utilizar a xente. Por exemplo o tanatorio, para min é a obra máis necesaria neste momento, e dedícanse a mentir, a enganar...que si o axuntamento non quere que se faga...era algo tan simple como o que pasou co campo de fútbol, pero eles prefiren enganar e sacar réditos electorais, aínda que eu penso que a xente non e tonta.

Ti pensas que van facer eles o tanatorio?
Jajajaja!! iso é o que están dicindo, pero con que cartos? os cartos xa viñan na subvención, pero eles o que querían é que llos deran, algo totalmente imposible. Non queren que o tanatorio sexa para todo o mundo, e aí seguen mentindo...

Cal e a túa relación con Pichurri?Luis co seu cabalo de exibición
Magnifica, é un loitador! non vai haber outro que pida tanto po pueblo coma el, e insistente hasta que consigue o que quere, e ten valor, porque mira que nos puxeron trabas desde a Xunta por todos lados, pero el erre que erre. A min gústame ese tipo de xente. Eu acórdome naqueles mitins de fai tempo, para min os meus ídolos eran Alonso que en paz descanse e Alejandro da Raña. Gústame a xente loitadora.

Que podes dicir de aqueles que che chaman interesado, que estas porque cobras?
Pois mira, eu cobro coma calquera concelleiro, sexa do PSOE ou do PP, porque eles tamén cobran eeh!! Cobramos por pleno, así que ninguén me pode poñer nada en cara.

Ti es optimista por natureza...quen crees que vai gañar as eleccións?
O PSOE!! quen senón? o que se fixo nestes catro anos foi impresionante!!Eu penso que vai quedar igual en número de concelleiros.

O sorriso non saio da boca de Luis mentres lle fixen a entrevista, é un home que transmite boas vibracións e que fai que un se sinta cómodo. Da gusto con el. Un pracer.

 

7454 Modificado por derradeira vez o Martes, 26 Abril 2011 19:32
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.