Valora este artigo
(19 Votos)
Juan Carlos Canosa Marcote, un enxeñeiro nas listas do PSdeG-PSOE Juan Carlos Canosa Marcote, un enxeñeiro nas listas do PSdeG-PSOE MaisCamarinas.com
Juan Carlos Canosa Marcote, veciño de Camelle e enxeñeiro de profesión, e un dos integrantes da lista socialista, representando a parroquia camellana. Estudou toda a vida con becas en Asturias, por iso os seus primeiros pasos laborais foron tamén na comunidade veciña.

 


¿Socialista de toda a vida supoño?
Militante dende os 18 anos, e socialista de toda a vida. Na casa non se falaba moito de política, pero sempre fomos socialistas. A min marcoume moitísimo un profesor da Universidade laboral de Gijón, que foi o que me inculcou os valores socialdemócratas. E desde ese momento sempre votando o PSOE, teño ido a propósito a Asturias a votar.

Juan Carlos na Casa do PoboVostede e de Camelle, un pobo tradicionalmente de dereitas.
Si, en Camelle gana case sempre o PP, menos nas municipais. Nas ultimas gañamos nos, e penso que o vamos volver facer, estou convencido.

A verdade, é que a inversión en Camelle foi millonaria. ¿Cal é para a vostede o mais importante que se fixo en estes anos?
A inversión a parte de millonaria foi histórica, nunca antes se investira nunha soa lexislatura tanto cartos en Camelle. E iso a xente ten que velo, e temos que seguir loitando por mais cousas. Para min unha das cousas mais importantes, foi a ampliación do dique de abrigo. Toda a vida o PP, antes das eleccións prometíao, e hasta ten mandado homes nunha chalana a facer as medicións ainda que soe subrrealista, pero xamais se fixo nada, tivo que chegar un goberno socialista a Xunta para que isto fose posible e ben que se notou nos últimos temporais que sufrimos, senón que llo pregunten os mariñeiros!

Pero ¿houbo máis obras importantes, e moi beneficiosas para Camelle?
Claro, a rexeneración da praia, a construción da depuradora, algunhas calles, son obras pequenas pero importantes, xa que se esta facendo a separación das aguas pluviais, e a parte de obras está as actividades na que Camelle destaca por o número de participantes, en fin cousas que a xente ve como algo importante para a súa vida e o seu benestar.

¿Como ve Camelle? ¿en que situación esta o pobo?
Desgraciadamente a xente nova non vive en Camelle porque non hai trabarlo, sen ir máis lonxe, un bar histórico como o Miramar vai cerrar, a oficina de Caixa Galicia xa cerrou, hai que loitar por manter a poboción e por tanto manter os servizos, colexio, centro médico, etc.

A xente non ten traballo aquí pero ¿tampouco se quixo a piscifactoría, que ía traer postos de traballo?Unha persoa intelixente e preparada
O tema da piscifactoría é un tema delicado. A verdade é que ti podes querela ou non, pero sempre ca verdade por diante. E aí houbo moitas mentiras. Nunha reunión na Casa do Alemán, houbo xente que dixo que viñan a roubar os terreos por 60 céntimos metro cadrado, cando a realidade era que ían a pagar a 15 euros. Soamente en terreos ían quedar en Camelle 3.255.000 euros, ou sexa, máis de 540 millóns das antigas pesetas a parte dos postos de traballo que se crearían. Ademais do dereito de cada un a querelo ou non, houbo quen o utilizou como arma política.

E no medio de todo isto Mercedes, a concelleira de Camelle, ¿cal e a súa relación con ela?
Mercedes e unha persoa traballadora, sinxela, e quen a coñece sábeo. E pasouno moi mal, de ser unha persoa querida a ser case odiada, chegaron a poñerlle excrementos (por dicilo finamente) na porta da súa casa, con iso digo todo. Foron catro covardes, a xente de Camelle non e así. Ela síntese camellana, non elixio donde nacer pero si elixio dondo vivir. E non solo lle afectou a ela senón a toda a familia.

A Fundación Man, iso foi algo polo que Merce loitou moito non?
A verdade e que foi un traballo de ela o, PP borrouse, marchou da Fundación, o de traballar por nada non vai con eles. Teño que dicir que por fin, e despois de moitas trabas postas pola Xunta do PP, esta inscrita no rexistro de fundacións, así que agora pódense pedir e recibir subvencións.

E a pregunta obrigada ¿quen pensas que vai gañar as eleccións?
Mira o final a xente pensa obxectivamente, e ve a cantidade de cousas que se fixeron en este catro anos, e votará en consecuencia, o PP está facendo e creando un ambiente baseado en mentiras e medias verdades, tratando a xente de parva, pero xa verás como o 22 de maio, o pobo vai recoñecer o traballo feito por o Grupo de Goberno.

Moitas gracias Juan Carlos.

 

7749 Modificado por derradeira vez o Mércores, 20 Abril 2011 14:21
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.