Valora este artigo
(8 Votos)
Pichurri reunirase outra vez con tódolos veciños do Concello Pichurri reunirase outra vez con tódolos veciños do Concello
Pichurri, recorrerá todas as parroquias nos próximos dous fin de semana, para falar cos veciños e escoitar as súas inquietudes e propostas.

Este sábado comezan as reunións veciñais que o alcalde de Camariñas vai ter por tódalas parroquias e núcleos do Concello.

Estes encontros de Pichurri cos veciños son os terceiros e os últimos que se celebran dentro desta lexislatura, dando así cumprimento a un compromiso electoral feito polo alcalde nas eleccións pasadas.

As reunións teñen como obxectivo informar das actuacións que está levando a cabo o alcalde e atender os rogos e preguntas da veciñanza.

As reunións de este fin de semana serán as siguientes:

Sábado 26 as 11 da mañá en Brañas Verdes.
Sábado 26 as 12 do mediodía en Santa Mariña.
Sábado 26 as 6 da tarde en Xaviña na Casa da Sociedá.
Domingo 27 as 6 da tarde na Ponte do Porto no Centro Cultural.

 

3180 Modificado por derradeira vez o Venres, 25 Marzo 2011 09:12
Máis en esta categoría:
Décargar arquivos adxuntos:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.