Carta de Gonzalo Caballero, Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, a todos os militantes

Valora este artigo
(3 Votos)

Pasado un mes desde o Congreso Nacional Galego o noso Secretario Xeral Gonzalo Caballero cominícanos mediante a carta que publicamos a continuación, que xa está posta a andar a nova Executiva e listos os novos Estatutos do PsdeG-PSOE. Sen dúbida os novos tempos xa comezaron no noso partido e o importante é poñerse a traballar para que o noso proxecto chegue a sociedade galega.

Carta de Gonzalo Caballero a todos os militantes

Estimado/a compañeiro/a: Estamos iniciando unha nova etapa no PSdeG que arrancou co 13 Congreso Nacional Ordinario que celebramos en Santiago. Cando se cumpre xustamente un mes, quérome dirixir a ti, en nome da Comisión Executiva Nacional Galega, para agradecerche o teu esforzo e compromiso socialista, e para trasladarche a nosa disposición a traballar conxuntamente coa militancia e coas agrupacións locais nesta nova etapa.

Sabemos que haberá dificultades e que non vai a ser sinxelo, pero a nosa responsabilidade é impulsar ao socialismo galego cara un novo escenario electoral capaz de propiciar un cambio político en Galicia. Tod@s somos necesari@s e por iso queremos contar coa lealdade e colaboración de tod@s.

Entre tod@s fixemos un bo Congreso. Establecemos as bases ideolóxicas e de proxecto para unha nova etapa de futuro, recuperamos a normalidade orgánica e tamén reencontramos ao socialismo galego coa nosa mellor historia, referenciada nos presidentes Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe. Agora temos moito traballo que facer, para recuperar a conexión coa sociedade civil, defender e ampliar o noso espazo electoral e así volver a ser a referencia dunha maioría social de progreso no país.

Sen présa pero sen pausa temos que ir desenvolvendo as propostas aprobadas no Congreso Nacional. Para construír un proxecto de esquerdas, galeguista e de cambio para Galicia, que chegue con forza ás próximas convocatorias electorais.

E para iso o ano que ven prepararemos unha Conferencia que profunda nas cuestión políticas e nos fortaleza de cara ás próximas convocatorias electorais municipais e europeas, sen perder de vista as xerais e as galegas.

Por outra parte, o PSdeG vai recuperar a estrutura comarcal que foi tan demandada pola militancia e polas agrupacións, e para o cal contamos co respaldo da Comisión Executiva Federal. As bisbarras responden a unha realidade social do país e poden e deben propiciar unha maior participación das agrupacións.

Paralelamente, imos avanzar na formación da militancia e no debate de ideas e proxectos. Para iso, creamos xa a Escola de Formación Ceferino Díaz coa idea de desenvolver unha programación de cursos e actividades formativas que podan realizarse ao longo do país.

Por outra banda, imos crear unha fundación de pensamento e análise que, a modo de laboratorio de ideas, nos permita construír, coa sociedade civil e os ámbitos do pensamento, aquelas reflexións e propostas que sirvan para liderar a Galicia do futuro.

Xunto a todo isto, vai o noso compromiso coa militancia. Como secretario xeral seguirei en contacto continuo coa nosas agrupacións, e todas as semanas desenvolverei reunións e actos para darlle vida ao partido, á vez que traballarei a reo para facer oposición e construír unha alternativa forte fronte aos gobernos de Rajoy e Feijoo. Galicia necesita un goberno mellor e o noso compromiso é conseguilo.

Unha aperta.

Gonzalo Caballero Miguez
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE

183 Modificado por derradeira vez o Venres, 01 Decembro 2017 10:56
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.