Descurso de Encarna Liñeiro no mitin do PSdeG-PSOE na Casa de Pedra Destacado

Valora este artigo
(32 Votos)

Gracias a todos e a todas por vir. Gracias polas túas palabras Pichurri, se lle poñes o mesmo empeño o tan necesario Centro de día como fixeches co tanatorio… ¡Está asegurado! Hoxe  sintome distinta, un pouco nerviosa… emocionada. Como Secretaria Xeral  sempre subo aquí a  presentar os actos… Falo  da gran familia que somos…. Presumo dos grandes compañeiros e compañeiras que formamos a Agrupación Socialista de Camariñas…. Agrupación que é un referente do socialismo en toda Galicia…. Agrupación da que me sinto tremendamente orgullosa…. Pero hoxe e distinto…. Falo por primeira vez coma candidata.

Non me sinto máis responsable, porque xa é unha gran responsabilidade ser Secretaria Xeral…. E tampouco me sinto máis socialista,  porque  sentirse socialista e algo máis profundo que ir nunha lista ou que un ter cargo orgánico. Socialista é un desde que nace e se cria nunha familia que che enseña os valores da igualdade, da xusticia social… Que che explica dende nena que homes e mulleres teñen que ter os mesmos dereitos e a as mesmas obligacións…. Que non importa raza, relixión ou nivel económico…… que todos e todas somos iguales e merecemos o mesmo trato e as mesmas oportunidades. Cando ensinamos os nosos  fillos e  fillas dende pequenos a ser solidarios e tolerantes cos demáis…  estamos criando adultos socialistas.

Estou moi ilusionada e moi orgullosa de representar a miña comarca na lista pola Provincia da Coruña. É unha recompensa que agradezco moitísimo a tantos anos de traballo orgánico na Argupación de Camariñas e na Costa Atlántica. É un honor ir con compañeiros e compañeiras tan preparados e tan boas personas coma Begoña, Loli, Tonecho e Rocha.

Amigos e amigas, chegou o momento. Chegou o momento  de dar una resposta nova a Galicia. De mandar a Feijoo e as políticas do PP a oposición.  Necesitamos un cambio e este só pode ser liderado polo Partido Socialista.  So cun Partido socialista forte nas urnas será posible o próximo domingo poñer punto final o desgoberno do pp. Temos  experiencia de goberno, temos ilusión e temos un candidato preparado para ser un gran presidente, como xa o foron Gonzalez Laxe e Emilio Perez Touriño.

Nunca, nunca lle foi tan ben a nosa comarca e a Camariñas coma cando gobernaron eles. O  porto, a dársena, a fachada marítima, o porto de Camelle e o de Santa Mariña, depuradoras, traidas de agua, saneamentos, pavillóns  polideportivos, a autovía.

A autovía foi un proxecto socialista. Licitada e adxudicada polo goberno de Touriño e con Marisol Soneira como deputada da costa e Secretaria Comarcal….Sei moi ben o que traballou ela para que hoxe, ainda que con moito retraso esté a medio facer.  Gracias Marisol, gracias compañeira.

Nesecitamos recuperar a calidade humana nas institucións.  Que quizáis sexa o máis importante. Porque haberá problemas de difícil solución, ninguen ten unha varita máxica ainda que digan que sí….  Todo non se pode arreglar sempre. Haberá investimentos necesarios, pero pode que non haxa  cartos para todos eles. Pero o que si necesitamos con urxencia son políticos cercanos os problemas, cercanos ca xente que os necesita, que os reciban e que os escoiten.

Non podemos permitir que haxa un goberno que co problema teñen os mariñeiros do cerco, que estiveron acampados frente a Xunta todo o inverno, e que nin se dignen en recibilos!!!  O mesmo co sector lácteo, cas vacunas que necesitan os nosos fillos e fillas , cos enfermos da hepatitis C… E cos emigrantes retornados. Homes e mulleres que foron traballar e invertiron todo nos seus pobos para volver o antes posible, como fixeron meus país e moitos e moitas dos que estades aquí. Hoxe a esas persoas trátanos coma delincuentes fiscais.  E aos seus amigos, os que levan millóns e millóns para Suiza, a eses fanlle amnistías para que non teñan que pagar apenas impuestos, e o pobre emigrante, que o que estaba deseando era traer ata o último céntimo para Galicia, ese para eles é un delincuente!! 

Necesitamos respostas novas. Respostas novas en educación. Durante o goberno de Feijoo reduciose  o investimento na educación pública en 400 millóns de euros!!! Subvencionan  os centros que segregan por sexos, ¿cómo vai haber unha igualdade real cando queren enseñarlle os nenos e nenas que son distintos desde que empezan na escola? Queremos recuperar a gratuidade universal dos libros de texto e do material escolar. O sistema educativo galego ten 2.500 profesores menos que fai sete anos!  O finanzamento da universidade galega retrocedeu unha decada….queremos que a educacion publica sexa universal gratuita e de calidade que é o que merecen os nosos fillos e fillas.

Queremos unha resposta nova en sanidade. Recuperar os servizos sanitarios que foron de todos e todas. Eliminaremos o copago santiario ós pensionistas galegos que menos cobran, que son a maioría.  É inxusto que os que menos teñen, os mais enfermos, teñan que pagar as medicinas.

Queremos unha resposta nova en dependencia, en servicios sociais, impulsar un plan galego contra a pobreza e a exclusion social.

Favorecer a igualdade de oportunidades está no ADN dos socialistas, que fomos quen de aprobar a Ley da Dependencia, o cuarto pilar do sistema de benestar. Por iso, o compromiso do noso partido e impulsar un pacto galego pola autonomía persoal, para potenciar ao maximo as capacidades de todos e todas.

Queremos respostas novas en emprego. Rematar coa emigracion masiva da nosa mocidade. Cada día marchan máis mozos e mozas dos nosos pobos. Aquí en camariñas sabémolo ben. Plan de emprego xuvenil e retorno de talentos. Aposta polo emprendemento e apoio aos autónomos.

E queremos unha resposta nova para o sector pesqueiro. Feijoo non foi quen de defender os intereses da flota galega en canto o reparto de cuotas, e intentou privatizar o mar cunha lei, que por primeira vez na historia, puxo en contra o 100% do sector. 30.000 persoas foron a unha manifestación historica en Santiago, e tiveron que retirar a lei, de momento….  O que temos facer é dar respostas novas  escoitando o sector e tomar as medidas necesarias para poñer en marcha as suas propostas xa!!!! Que o único que queren é traballar e crear postos de traballo.

E remato. Necesitamos un goberno que sexa quen de poñer en marcha as reformas democráticas que necesita o noso país. Poñendo por diante sempre as persoas, aos galegos e galegas, e as súas necesidades. Un goberno limpio e transparente liderado por Xoaquín Fernández Leiceaga. Onde o diálogo e o compromiso con Galicia sexan as sinais de indentidade. Só os socialistas faremos posible este cambio. Só os socialistas temos a capacidade e a experiencia para facelo, pero para iso necesitamos o voso voto o próximo domingo.

Necesitamos a vosa confianza. Estou segura,  segurÍsima que o Partido Socialista, que Xoaquín Fernández  Leiceaga non vos vai fallar.

Moitas gracias.

1564 Modificado por derradeira vez o Venres, 23 Setembro 2016 16:36
Máis en esta categoría:

Medios

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.