Finou Don Jesús Ramos Fuentes, ex-alcalde de Camariñas

Valora este artigo
(11 Votos)

Don Jesús Ramos Fuentes, o que fora o primeiro alcalde de Camariñas en democracia, finou o luns 22 de agosto do 2016. Dende a Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Camariñas queremos dar o noso pésame a toda a familia deste camariñán que tivo o honor de ser o primeiro rexidor do executivo municipal do noso concello aínda que tamén será recordado por moitos de nos pola súa etapa como profesor da escola da Ponte do Porto. Todo aquel que desexe estar coa súa familia nestes duros momentos pode acudir ó Tanatorio da Ponte do Porto onde está sendo velado o corpo sen vida de Don Jesús. O funeral de corpo presente será celebrado na tarde deste martes na igrexa parroquial de San Bartolo de Arou. Descanse en paz.

1656 Modificado por derradeira vez o Martes, 23 Agosto 2016 11:28
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.