Camariñas inicia o programa “Xantar na Casa”

Valora este artigo
(3 Votos)

O Concello de Camariñas iniciou hoxe o programa “Xantar na Casa”, despois de firmar o recente convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia. O novo servizo comeza con dez usuarios, aínda que se prevé o seu incremento durante os vindeiros meses. De momento os usuarios pertencen ao casco urbano de Camariñas, Ponte do Porto, Camelle e Santa Mariña. Os beneficiarios pagan dous euros cada día pola comida e o resto do importe é subvencionado polo Concello e o Consorcio Galego.

A concelleira responsable da Mostra e Servizos Sociais, Sandra Ínsua -que estuvo presente na posta en marcha do servizo-, mostrou a súa satisfacción polo inicio do novo servizo, que considera fundamental para axudar ás persoas con autonomía limitada ou aquelas que están en risco de exclusión social. O Concello de Camariñas xa mostrou a súa intención de formar parte deste programa hai dous anos, e desde entón estiveron esperando pola firma do convenio para a súa posta en marcha.

O programa “Xantar na Casa” consiste no reparto a domicilio diariamente do xantar das persoas demandantes. Poden beneficiarse deste programa as persoas maiores de sesenta anos que teñan limitada a súa autonomía persoal, menores de sesenta anos en risco de exclusión social e persoas dependentes. Cada vez hai máis persoas demandantes deste servizo en todas as localidades debido ao envellecemento da poboación e ao incremento de persoas coa súa autonomía persoal limitada que viven soas.

Segundo se establece no convenio, o súa duración será de un ano, podendo prorrogarse sucesivamente, aínda que a súa vixencia tamén queda condicionada á “existencia de crédito suficiente no orzamento” das partes asinantes para poderen cumprir coas súa obrigas. O Consorcio esixe un mínino de dez usuarios para a posta en marcha deste servizo.

1156
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.