Gran éxito dos campamentos de verán do Concello de Camariñas

Valora este artigo
(8 Votos)

Algo máis de 150 nenos participan este verán nos obradoiros deportivos e culturais que organiza o Concello de Camariñas durante o verán, batendo unha cifra récord das últimas edicións. Durante os meses de xullo e agosto os rapaces disfrutan de múltiples actividades neste municipio, o que fai que cada ano aumente o número de participantes. Ademais, o concelleiro de Deportes, José Manuel Canosa Campaña, destaca que Camariñas é o único Concello da Costa da Morte que realiza este tipo de actividades durante os dous principais meses do verán, xullo e agosto, o que axuda a conciliar a vida familiar e laboral durante o período estival.

Entre as numerosas actividades que se desenvolven destacan as excursións, visitas á biblioteca, o Día da Bicicleta ou senderismo, entre outras moitas. Ademais, este ano despertou un grande interese a pequena procesión que se celebrou o pasado 15 de xullo coincidindo coas festas do Carme, onde se escenificou tamén a danza de arcos que se baila o día da patrona dos mariñeiros. Para Canosa Campaña, o éxito de todas as actividades organizadas polo Concello para os máis pequenos radica “no bo facer dos doce monitores” que acompañan aos nenos nos obradoiros, que son todos do municipio de Camariñas.

O concelleiro de Deportes incide tamén no éxito que desperta cada ano o curso de vela que se realiza na localidade, polo que este ano decidiuse mercar unha nova embarcación para poder así ofertar un maior número de prazas (xa que había unha importante lista de espera) chegando aos 32 participantes por quenda, o que constitúe outra cifra récord de asistentes. Esta embarcación foi adquirida grazas a colaboración da Deputación da Coruña mediante unha subvención.

1685 Modificado por derradeira vez o Mércores, 10 Agosto 2016 18:43
Máis en esta categoría:

Artigos relacionados (por etiqueta)

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.