XAQUIN FERNANDEZ LEICEAGA E PILAR CANCELA ESTARÁN NA FESTA DOS SOCIALISTAS DE CAMARIÑAS O PRÓXIMO SÁBADO 18 DE XUÑO.

Valora este artigo
(5 Votos)

O próximo sábado, 18 de xuño, no marco incomparable da zona recreativa do Ariño, en Xaviña, os socialistas de Camariñas celebrarán a súa festa anual cunha comida campestre en camaradería e co ambiente distendido de sempre.

Esta edición contará, en torno a un bo churrasco e outras viandas, coa presencia de militantes e simpatizantes socialistas de Camariñas, da Costa da Morte e doutras zonas de Galicia. Esta presencia de socialistas do PSdeG verase reforzada coa presencia do candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga, e da presidenta da Comisión Xestora do PSdeG Pilar Cancela.Unha vez mais os máximos representantes do Partido fan recoñecemento ao traballo serio e riguroso da Agrupación Socialista de Camariñas. No Ariño estarán os máximos expoñentes do PSdeG e outros dirixentes e candidatos nas próximas eleccións xerais. Entre outros o candidato ao senado Juan Carlos Canosa Marcote, o candidato ao Congreso Ricardo García Mira, deputados e deputadas autonómicas, etc. Como se fose un magnífico augurio, MeteoGalicia anuncia unha mellora espectacular do tempo para o fin de semana.

1444 Modificado por derradeira vez o Luns, 13 Xuño 2016 16:52
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.