Continua aberto o prazo para alegacións e información polo PEPRI

Valora este artigo
(2 Votos)
Continua aberto o prazo para alegacións e información polo PEPRI www.camarinas.eu

Os veciños poden consultar cun arquitecto da oficina redactora do Plan, os xoves, de 10:00 a 14:00 horas nas oficinas do Concello. O Concello de Camariñas quere lembrar a veciños e veciñas involucrados na area que delimitara o Plan Especial de Proteccion e Reforma Interior, que segue aberto o prazo para solicitar información ou realizar alegacións dentro dos dous meses aos que o concello decidíu ofrecer a exposición do plan.

Aqueles que o desexen poderán consultar cun técnico da oficina redactora, a empresa Consultora Galega, calquera dúbida tódolos xoves en horario de mañá. O plan abarca a maior parte do casco urbano da vila, desde a igrexa parroquial ata a fachada marítima.

No link http://www.camarinas.net/pepri/pepriCAMARINHAS.htm poden consultar vía web o plan dun xeito detallado e axil.

1023 Modificado por derradeira vez o Venres, 10 Xuño 2016 18:41
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.