A TVG graba “O mellor chiste do ano” en Camariñas

Valora este artigo
(4 Votos)

Un equipo da TVG estuvo esta mañá en Camariñas para grabar un programa de “O mellor chiste do ano”, que prepara esta canle para a súa próxima emisión. No programa participaron membros da Asociación de Amas de Casa de Camariñas, que preside Lola Méndez, que exerceron como xurado doutro participante neste concurso. Ademais, un veciño de Camariñas foi seleccionado como concursante ao mellor chiste, que a súa vez, será valorado por outro xurado distinto. Ademais de participar no programa, dende a Asociación de Amas de Casa aproveitaron para promocionar o encaixe de Camariñas e regaláronlle ao presentador do concurso, Paco Toba, unha garabata de encaixe elaborada polas socias da entidade. O presentador lucirá este agasallo durante a emisión do programa na canle autonómica, que de momento, aínda non ten data.

Por outra banda, o Concello de Camariñas lembra que o día 9 estará promocionando o encaixe na Feira das Festas de Interese Turístico Galego (Festur) que se celebra en Silleda (Pontevedra) entre os días 9 e 11 deste mes de xuño. No certame ademais da representación institucional estarán presentes as dúas asociacións de palilleiras locais: as veteranas Rendas e As Puntillas, unha entidade de recente creación na localidade.

1230 Modificado por derradeira vez o Xoves, 09 Xuño 2016 15:57
Máis en esta categoría:

Artigos relacionados (por etiqueta)

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.