FESTA ANUAL DOS SOCIALISTAS DE CAMARIÑAS

Valora este artigo
(5 Votos)

No marco incomparable da área recreativa do Ariño, en Xaviña, os socialistas de Camariñas celebrarán a súa xa tradicional festa anual. Centos de militantes e simpatizantes reuniranse para compartir unha comida e, sobre todo, falar de política ou, simplemente, botar unha partida a brisca ou darse un baño nas cristalinas augas da nosa ría. A Comisión Executiva, que dirixe e coordina Encarna Liñeiro, xa se puxo mans a obra para que, coma sempre, esta festa volva a ser un éxito da man do magnífico equipo intercisciplinar de Germán Mouzo.

MENÚ (10€):


- Churrasco e polo asados ao remansiño con carbón vexetal e leña.
- Pan, viño e refrescos variados.
- Postre e café de pota.
- E algunha sopresiña mais!!

As persoas interesadas en asistir deben contactar cos seguintes teléfonos para facer a reserva das entradas:


- 667 034 305
- 661 957 042

A esta festa está prevista que asistan militantes socialistas de toda a comarca, da provincia e de Galicia. Que o clima nos sexa propicio porque a alegría e a festa xa están garantidas.

1751 Modificado por derradeira vez o Luns, 06 Xuño 2016 15:42
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.