A Vila dos Encaixes prepárase para un mes de Xuño cheo de actividades

Valora este artigo
(2 Votos)

A acción ábrese esta fin de semana coa Exhibición da Escola Municipal de Baile Latino e de Salón, este sábado as 19:00 horas na Casa de Pedra. Nesta mesmo escenario, pero o domingo, terá lugar o peche da actividade para a Escola Municipal de Música e Baile Tradicional cunha Exhibición dos e das participantes. O recital comezará tamén as sete da tarde.

Pero non remata aquí, nin moito menos, a actividade. O Domingo 12, as seis da tarde e na Casa de Pedra, os nenos e nenas da Escola Municipal de teatro porán en escena o espectáculo “O Caracol Cardiño”. Ese mesmo día, as 20:00 horas, na Casa do Alemán en Camelle, será a representación de “A outra Carapuchiña” tamén da man da Escola Municipal de Teatro.

O luns 20, na Virxe do Monte, os ritos ancestrais para celebrar o solsticio de verán serán os protagonistas nunha nova “Noite de Solpor”, mentres que o mércores 22, a Escola Municipal de Teatro pechará actividades coa representación, no CEIP de O Allo, as 9:3o horas de “A voda da Pulga e o Piollo”, coincidindo co peche do curso escolar.

Por ultimo, para celebrar o San Xoán como se merece, o xoves 23 de Xuño, dende as cinco da tarde, haberá inchables na Area da Vila, nunha actividade en colaboración coa asociación Lumarea da Vila.

Un intenso mes de Xuño para dar o peche que se merece a actividade das escolas municipais.

1168 Modificado por derradeira vez o Sábado, 04 Xuño 2016 13:46
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.