O Concello de Camariñas promociona o noso Encaixe en FESTUR

Valora este artigo
(3 Votos)

O Concello de Camariñas promocionará o seu encaixe na Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) que se celebrará en Silleda (Pontevedra) durante a próxima semana entre os días 9 e 11 de xuño. Ademais da representación institucional, acudirán ao certamen as dúas Asociacións de palilleiras de Camariñas: as veteranas Rendas e a Asociación de Palilleiras As Puntillas, unha entidade de recente creación, que nestes momentos atópase inmersa na captación de socios.

Segundo explica a concelleira responsable da Mostra do Encaixe, Sandra Ínsua, o Concello acode ao certamen para exhibir as preciadas puntillas do noso concello e promocionar así tamén a Mostra do Encaixe de Camariñas no municipio pontevedrés, por onde se prevé que pasen miles de persoas. A delegación camariñana acudirá o día 9 de xuño, coincidindo coa inauguración do evento.

Neste certamen haberá distintas actividades, mostras, degustaciones e presentacións das festas de interese turístico de Galicia. Ademáis, esta feira celébrase conxuntamente co salón turístico Turexpo Galicia, ofrecendo así unha atractiva proposta dentro da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Silleda, para crear sinerxias con este emblemático certamen multisectorial.

1122 Modificado por derradeira vez o Venres, 03 Xuño 2016 16:21
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.