Camariñas foi o centro do balonmán esta fin de semana

Valora este artigo
(2 Votos)

260 rapaces competiron en categorías Alevín e Benxamín, dentro da Fase Final Provincial. Dende primeira hora e cun esixente calendario de competición, rapaces e rapazas de toda a provincia protagonizaron unha intensa loita en pos do título.

Finalmente foron os rapaces da Escola Municipal de Abegondo os que se fixeron cos títulos en ámbalas duas categorías e sen deixar opción aos seus rivais.

Nenos e nenas de Carballo, Arteixo, Coruña, Abegondo e da propia Camariñas foron os protagonistas nunha xornada que na practica encheu a localidade, onde era imposible atopar un lugar para comer ao mediodía do sábado. Un evento de gran calibre que obrigou a organización e aos efectivos do departamento de Deportes a un importante esforzo durante toda a xornada.

Dende o concello, o responsable do Departamento de Deportes, José Manuel Canosa, quixo felicitar aos gañadores, a Escola Municipal de Abegondo, e a tódolos asistentes “pola súa responsabilidade, afecto e por ternos ofrecido unha fantástica fin de semana de deporte para nenos e nenas” na vila do Encaixe.

1229 Modificado por derradeira vez o Xoves, 02 Xuño 2016 08:26
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.