Mais de 200 persoas despiden o curso das Escolas de Música do Concello de Camariñas

Valora este artigo
(1 Voto)

O Salón de actos da Casa de Pedra foi o lugar escollido para a celebración do concerto de despedida das Escolas de Música. No seu discurso o concelleiro de cultura, Sergio Caamaño, destacou o traballo realizado en promoción cultural polo concello. O Concelleiro destacou que “neste curso escolar decidimos apostar polos tres grandes bloques culturais: a danza, o teatro e a música. O obxectivo é manter e innovar. Mantivemos as disciplinas de danza e música tradicional, que farán unha exhibición o próximo domingo e a música e movemento, guitarra, baixo, e ademais incorporamos o instrumento piano”

Caamaño tamén falou das novidades no curso de Danza tradicional onde “Iniciamos unha nova disciplina na danza como é o baile latino, e aproveito para convidarvos o próximo sábado a ver o espectáculo de fin de curso”

Este ano, os diferentes cursos rexistraron un salientable aumento de matrículas. 

O próximo domingo tócalle a quenda aos participantes no curso de Danza Tradicional que a partires das 19:00 voltaran a colgar o cartel de “Cheo” no salón de actos da Casa de Pedra.

1021 Modificado por derradeira vez o Martes, 31 Mai 2016 18:21
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.