Un paso máis na consolidación do Museo do Alemán de Camelle

Valora este artigo
(3 Votos)

O Boletín Oficial da Provincia ven de publicar o acordo do Concello de Camariñas en relación coa modificación da taxa por visitas a museos, exposicións, bibliotecas, monumentos históricos ou artísticos e outros centros ou lugares análogos no concello. Así, a visita ó Museo do Alemán terá un custe simbólico de 1€ por visitante. O Concello aplica así a mesma consideración que se usara para a xestión do Museo do Encaixe e con este fin reforma a ordenanza reguladora.

Juan Carlos Canosa, responsable de area e Concelleiro de Camelle quixo lembrar que “este euro garda unha especial simboloxía, porque iso era o que o propio Man pedía a aqueles que visitaban a súa obra no Porto de Camelle. Consideramos que despois de un ano de apertura a custe cero para todos os que desexaron visitar o museo, é hora de pensar na consolidación do proxecto e en dar maior valor se cabe a obra que contén”

Outros custes


A modo de exemplo, queremos facer mención a outros lugares, espazos ou museos nos que o custe da visita é sensiblemente superior ao custe de visitar os museos camariñáns.

Así, sen ir mais lonxe, na capital provincial, a visita a Torre de Hércules ten un custe de 2€, os mesmos que custa a entrada no Castelo de San Antón. Nembargantes, a entrada a Casa dos Peixes, un dos Museos coruñeses con maior número de visitas, sobe os 10€ por visitante. En Allariz, a entrada ao Museo do Xoguete ten un custe de 2€.

A nivel nacional hai tamén abondosos exemplos. A Entrada a Catedral de Segovia ten un custe de 3€ mentres a visita na de Málaga sobe ata os 6,50€. En Lanzarote, as vistas dende o Mirador del Rio, un edificio obra do afamado arquitecto Cesar Manrique chegan os 4,50€ e un paseo polo vertixinoso Caminito del Rey na Sierra Malagueña (unha senda ao longo dun cantil) alcanza os 10€ por persoa.

1086 Modificado por derradeira vez o Sábado, 28 Mai 2016 11:21
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.