O PRÓXIMO SÁBADO XORNADA DE VOTACIÓN NAS PRIMARIAS DO PSdeG-PSOE DE CAMARIÑAS

Valora este artigo
(4 Votos)

A Agrupación Municipal Socialista de Camariñas, a que conta cun maior número de militantes da Costa da Morte, elixirá entre José Luís Méndez Romeu e Xaquín Fernandez Leiceaga o seu candidato á Xunta de Galicia.

Os socialistas e as socialistas de Camariñas celebrarán este sábado a xornada de votación nas primarias para escoller ao candiato que encabece a súa candiatura á Presdencia da Xunta de Galicia nas próximas eleccións autonómicas.

A xornada comezará as 12 da mañá e continuará  ate as oito da tarde para facilitar que os militantes poidan exercer unha práctica que os socialistas levan no seu ADN: a democracia.

Como é práctica e costume entre a militancia socialista de Camariñas a bon seguro que moitos deles acudirán con lambetadas e viandas variadas para compartir entre todos e todas nesta xornada de festa democrática.

986 Modificado por derradeira vez o Mércores, 25 Mai 2016 09:09
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.