Camariñas contará proximamente cun centro de día para os nosos maiores

Valora este artigo
(24 Votos)

O Concello de Camariñas buscará financiamento nos próximos meses para a construción dun centro de día na localidade. A próxima semana enviará unha memoria á Xunta de Galicia para que estude este proxecto e empezar así a buscar vías de financiamento, posto que o Concello non ten capacidade para asumir unha obra destas características. A construción destas instalacións supera os 600.000 euros (611.630 euros), e tería capacidade para trinta usuarios.

O Concello pretende situar as instalacións nunha parcela da fundación Fernández Espín, na confluencia das rúas Eugenio López e Areal, que conta cunha superficie de 825 metros cadrados. Estes terreos xa están catalogados como equipamiento municipal no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), polo que o Goberno local quere buscar financiamento en distintas administracións para a posta en marcha deste novo servizo. Tanto o alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León, como a concelleira responsable de Servizos Sociais, Sandra Ínsua, insisten na necesidade de que Camariñas conte cun centro de día conto antes para atender as necesidades dos seus veciños. "Son tempos duros e cando as cousas están como están o Concello ten maior obrigación de estar á beira da xente. Estamos facendo un gran esforzo dende o Concello e o centro de día é un paso máis", matizou o noso alcalde, aínda que admite que este servizo ten que contar co apoio do resto de institucións públicas.

O Concello presentará o proxecto á Xunta a próxima semana, cun investimento que supera os 600.000 euros

Sandra Ínsua coincide co alcalde en que desde o seu departamento estanse poñendo en marcha unha serie de iniciativas dirixidas principalmente ás persoas maiores e os que contan con menos recursos. De feito, anunciou que acaban de recibir unha subvención de 31.000 euros para a contratación de dúas novas auxiliares de axuda no fogar, aínda que o Concello tamén terá que aportar 14.000 euros de fondos propios. Sandra destaca que con estas contrataciones darase cobertura a novas necesidades que xorden no municipio. Ademáis, recorda que no mes de agosto poñerase en marcha o programa Xantar na Casa, que en principio dará servizo a dez acodes que pagarán dous euros cada día polo xantar, incluíndo o reparto a domicilio. O servizo está financiado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Camariñas.

Servizos municipais


Sandra Ínsua matiza que o Concello conta con diversos servizos e persoal cualificado para atender á poboación como unha educadora social, que permite aos veciños obter o título de Educación Secundaria Obligatoria (ISO); unha psicóloga para atender aos usuarios que así o soliciten, ou unha avogada a disposición dos veciños de forma gratuita un día á semana, entre outros servizos.

Sandra Ínsua asegura que o Concello de Camariñas é un referente comarcal en diversos servizos, que dan cobertura a veciños do propio municipio e outros da zona, como é o caso das Escolas Municipais Deportivas e Culturais, que contan con centos de usuarios, con actividades pioneras como é o caso das escolas de bádminton, judo ou balonmán, entre outras.

No mes de xullo tamén se celebrarán dez anos desde a apertura da guardería municipal, polo que desde o Concello estanse programando unha serie de actos para conmemorar este aniversario. A demanda deste servizo irá crecendo ao longo dos anos e nestes momentos conta con corenta usuarios. Sandra Ínsua asegura que estes servizos son fundamentais para os veciños do seu municipio, para que conten cunha maior calidade de vida e axudar ás familias con menos recursos, polo que desde o Concello seguirán prestando a colaboración necesaria.

3674 Modificado por derradeira vez o Martes, 24 Mai 2016 17:56
Máis en esta categoría:
Décargar arquivos adxuntos:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.