O Concello de Camariñas finaliza a colocación dun novo chan nos 3 parques infantís

Valora este artigo
(7 Votos)

Tres parques mais seguros, mais cómodos e máis modernos. O departamento de obras do Concello Camariñán ven de ultimar a colocación dun novo pavimento en tres parques infantís no termo municipal.

En concreto, trátase do parque de Campo da Area en Camelle, do da Praza Maior en Camariñas e do de Campo de Outeiro na Ponte do Porto. O novo pavimento foi decorado con motivos alegóricos e específicos a cada un dos tres parques. Así, no caso de Camelle o pavimento simula círculos e cores habituais nos debuxos e pinturas de Man, o alemán de Camelle. En Camariñas, o chan representa deseños de Encaixe e almofadas mentres na Ponte do Porto o novo pavimento representa unha praia con ondas do mar. A obra estaba incluída no PAI 2016 da Deputación e tivo un custe de 58.384,27€

1842 Modificado por derradeira vez o Domingo, 22 Mai 2016 17:38
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.