O Concello de Camariñas pon en marcha o programa “Xantar na Casa”

Valora este artigo
(8 Votos)

O Concello de Camariñas acaba de firmar o convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para levar a cabo o programa “Xantar na Casa”, do que de momento se beneficiarán un total de dez persoas do municipio. O Concello ten previsto empezar no mes de agosto con este novo servizo, xa que antes deberá de completar unha serie de trámites. Os usuarios pagarán dous euros cada día pola comida e o resto do importe será subvencionado polo Concello e o Consorcio.

A concelleira de Servizos Sociais, Sandra Ínsua, mostrou a súa satisfacción pola posta en marcha deste novo servizo, e destaca que o Concello xa mostrou a súa intención de formar parte do programa hai dous anos, e dende entón estuveron esperando pola firma deste convenio. O programa “Xantar na Casa” consiste no reparto a domicilio diariamente do xantar das persoas demandantes.

O novo servizo comezará no vindeiro mes de agosto con dez usuarios

Poden beneficiarse deste programa as persoas maiores de sesenta anos que teñan limitada a súa autonomía persoal, menores de sesenta anos en riesgo de exclusión social e persoas dependentes. Cada vez hai máis persoas demandantes deste servizo en todas as localidades debido ao envellecemento da poboación e ao incremento de persoas coa súa autonomía persoal limitada que viven soas.

Segundo se establece no convenio, o súa duración será de un ano, podendo prorrogarse sucesivamente, aínda que a súa vixencia tamén queda condicionada á “existencia de crédito suficiente no orzamento” das partes asinantes para poderen cumpir coas súa obrigas. O Consorcio esixe un mínino de dez usuarios para a posta en marcha deste servizo.

977 Modificado por derradeira vez o Xoves, 19 Mai 2016 10:26
Máis en esta categoría:

Artigos relacionados (por etiqueta)

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.