Camariñas prepárase para o verán 2016

Valora este artigo
(9 Votos)
 Camariñas prepárase para o verán 2016 www.camarinas.eu

O Concello ten previsto por en marcha os procesos de contratación de persoal para que todo estea listo de cara as datas estivais.O mes de Maio é de gran actividade para a Concellería de Emprego do Concello de Camariñas. É nestas datas cando se publican no taboleiro de anuncios as bases para a contratación de persoal en postos e actividades relacionadas coa limpeza de praias, a actividade sociocultural ou a protección dos montes e contra incendios.

Así, o departamento de emprego do concello camariñan, ten previsto convocar 7 prazas de peón para o Servizo de Auga e desbroce, dentro dos fondos aportados pola Xunta mediante ao Fondo de Compensación Ambiental.

Neste senso, o Concello de Camariñas tamén prevé a contratación de varios peóns para a limpeza de praias, subvencionados pola Deputación Provincial. O mesmo ente apoia tamén a contratación dun animador sociocultural.

Por ultimo, tamén está previsto por en marcha o proceso de contratación para a composición dunha cuadrilla contra incendios, que estaría composta por 1 Capataz, 1 Peón condutor e 3 peóns forestais. Esta contratación estaría subvencionada pola Xunta de Galicia.

O Concello de Camariñas ten igualmente en previsión solicitar a Deputación algo mais de 40.000 euros para a posta en marcha dun proxecto de emprego local, dentro do Programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais para concellos de menos de 20.000 habitantes.

Ademais de estes procesos, o Concello agarda poder crear aínda mais emprego indirecto, pola posta en marcha de servizos como os de informador turístico, monitores ou socorristas que, si ben non son contratados polo Concello, si proceden da contratación destes servizos tan necesarios no verán e que se promoven dende o goberno municipal. Deste xeito, Camariñas xeraría mais de 30 postos de traballo, segundo destacan dende a Concellería de Emprego, Medio Ambiente e Cultura do Concello de Camariñas

1409 Modificado por derradeira vez o Mércores, 18 Mai 2016 15:44
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.