OS SOCIALISTAS SINALAN QUE O “FRACASO MONUMENTAL” DA REVÁLIDA DE SEXTO DE PRIMARIA SUPÓN UNHA “DESAUTORIZACIÓN SEN PALIATIVOS ” AO GOBERNO GALEGO

Valora este artigo
(6 Votos)

O responsable de educación da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE, Antonio Alvarez, trasladouse a Camariñas, invitado plos socialistas camariñás, para trasladarlles as ANPAS e as nais a preocupación que existe na comunidade educativa, e na sociedade en xeral, pola aplicación da LOMCE e a repercusión que esta terá no futuro dos nosos fillos.

Antonio Alvarez, cualificou de “fracaso monumental” o resultado da reválida de sexto de Primaria desenvolvida esta semana pola Consellería de Educación. De acordo coas asociacións de nais e pais, participou desta proba menos do 40 por cento do alumnado convocado, o que supón unha “desautorización sen paliativos ” á administración educativa.

O responsable de educación dos socialistas coruñeses instou ao goberno presidido por Feijóo a realizar unha “profunda reflexión” logo dun varapau “sen precedentes na nosa historia recente”. Dixo que este resultado obriga á paralización e posterior derrogación da Lomce logo de acordar e aprobar unha nova Lei de consenso.

O responsable socialista puxo de manifesto que a resposta das familias galegas “demostra claramente que impoñer unha Lei pola brava e sen consenso con ninguén non leva a ningures e ten graves consecuencias para o bo funcionamento e o prestixio do sistema educativo do país”. Reiterou a necesidade de paralización do calendario de implantación da Lomce e as reválidas de 3º e 6º de Primaria, 4º de ESO e 2º de Bacharelato.

Reclamou unha nova Lei de Educación “consensuada co conxunto da comunidade educativa e con capacidade de durar no tempo para proceder á derrogación da Lei actual”, seguindo a demanda dos diferentes sectores da comunidade educativa.

O encontro entre Antonio Alvarez e as ANPAS e nais de Camariñas tivo lugar na sede do PSdeG-PSOE, a Casa do Pobo, dos socialistas camariñáns.

 

1070 Modificado por derradeira vez o Mércores, 18 Mai 2016 08:51
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.