OS TRIBUNAIS VOLVEN A DAR A RAZÓN A PICHURRI

Valora este artigo
(13 Votos)
OS TRIBUNAIS VOLVEN A DAR A RAZÓN A PICHURRI Foto: www.camarinas.eu

A Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo acaba, unha vez mais de ditar sentencia favorable ao concello e á Xunta de Galicia diante do recurso de casación presentado por un veciño de Camariñas contra o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O recurso en cuestión ten que ver coa cualificación que o PXOM da aos terreos da Fundación Fernández Espín que, por vontade das irmáns Espín terían que ser destinados a educación infantil e a atención de persoas maiores. Estas propiedades eran o patrimonio, xunto con outras como o terreo onde se construíu o Tanatorio Municipal, da Fundación Fernández Espín que estaba rexido por un padroado que presidía o cura párroco de aquel entón.

Aquel primeiro padroado, moi especialmente o seu presidente, non parece que tivera especial celo en cumprir a vontade destas benefactoras do noso pobo, e así todo o pobo asistiu pasmado ao desmantelamento dunha grande parte deste patrimonio. Así vendéronse fincas e outras propiedades en claro fraude de lei e contra a vontade manifestada polas Sras. Fenández Espín no seu testamento.

O PXOM non fixo mais que, cumprindo escrupulosamente a lei como ben de demostrar a sentencia do Sección Quinta da Sala do Contencioso-administrativo, destinar para equipamentos públicos uns terreos destinados a tal fin dende a morte das súas propietarias orixinais.

OUTRO FALLO NO MESMO SENTIDO


O mesmo tribunal Falla, tamén, a favor do concello noutro recurso presentado por outro particular sobre a cualificación urbanística que o PXOM da a varias das súas propiedades.

Todo este rosario de sentencias non ven mais que a certificar que o concello sempre actuou legalmente e moi lonxe das interpretacións que “os de sempre” fan. O triste de toda esta situación é que hai particulares que, mal aconsellados e peor informados, sofren as consecuencias da irresponsabilidade da tropilla de sempre.

2569 Modificado por derradeira vez o Mércores, 11 Mai 2016 18:04
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.