O Concello de Camariñas convoca un concurso de literatura infantil e xuvenil

Valora este artigo
(2 Votos)
O Concello de Camariñas convoca un concurso de literatura infantil e xuvenil cambados.org.es

O Concello de Camariñas convoca o Concurso de Literatura Infantil e Xuvenil Letras Galegas 2016 co motivo da celebración do vindeiro 17 de maio. Neste certame poderán participar todos os escolares de Educación Infantil, Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dos centros escolares do municipio, ou se estudian noutro centro de fóra, pero son residentes no Concello de Camariñas.

Os premiados recibirán bonos de 30 ou 80 euros que poderán gastar en distintos establecementos do municipio. Haberá un total de seis categorías (Infantil; primeiro, segundo e terceiro ciclo de Primaria; e primeiro e segundo ciclo de ESO), nas modalidades de prosa e verso. Os traballos poderán presentarse ata o vindeiro 11 de maio na Biblioteca Municipal de Camariñas.

Os traballos deben de entregarse en dous sobres distintos: nun deles estará o escrito, cun título e firmado con un pseudónimo; e noutro tamén haberá que incluir a solicitude cuberta do participante. O Concello editará unha revista coas obras gañadoras do concurso e o 17 de maio está previsto un acto público para a entrega dos premios aos nenos gañadores.

Os traballos poderán entregarse ata o vindeiro 11 de maio e a entrega de premios será o Día das Letras Galegas

O xurado, que estará presidido polo concelleiro de Cultura, Serxio Caamaño, e cinco vogais, valorará a orixinalidade, redacción e presentación das obras. Segundo explica Serxio Caamaño, o principal obxectivo do certame, é “fomentar a creatividade literaria nos nenos”, ademais de conmemorar o Día das Letras Galegas.

O tema dos traballos e a súa extensión serán libres. Todas as obras serán individuais, excepto as dos escolares de Educación Infantil, que serán colectivas. Para as categorías de Infantil e primeiro e segundo ciclo de Primaria poderán entregarse manuscritas -con boa letra- e o resto deberán de ser impresas. Todos os escritos deberán de estar en lingua galega. As bases completas poderán consultarse na páxina web do Concello de Camariñas.

857 Modificado por derradeira vez o Mércores, 11 Mai 2016 09:42
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.