GRAN PESAR EN TODO CAMARIÑAS POLO PASAMENTO DO NOSO COMPAÑEIRO JOSE MARTINEZ FERRIO

Valora este artigo
(17 Votos)

A noticia correu coma un lóstrego polo campo de fútbol da Grixa, en Ponte do Porto. Martinez, o seu presidente, acababa de morrer. Unha longa e cruel enfermidade acabou cunha boa persoa, alegre e comprometida. Os xogadores do Porteño, que non podían conter as bágoas, e os do Zas, gardaron un minuto de silencio e levaron brazaletes negros na manga da camisola que con tanto orgullo representaba Martinez.

Comprometido co equipo de fútbol do seu pobo; comprometido co Partido Socialista; comprometido co seu traballo de moitos anos conducindo o camión do lixo cando os demais durmíamos; comprometido coa súa familia. A vida de Martinez sempre foi un compromiso.

Será velado no tanatorio da Ponte do Porto dende onde sairá cara a Igrexa de San Pedro ás 20:30 horas deste triste luns 9 de maio.

Descansa en paz compañeiro e amigo.

3713 Modificado por derradeira vez o Luns, 09 Mai 2016 09:21
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.