A CASA DO POBO DOS SOCIALISTAS CAMARIÑÁS PERMANECERA ABERTA, DE 5 A 7 DA TARDE PARA FACILITAR QUE OS MILITANTES POIDAN AVALAR AOS SEUS CANDIDATOS Á PRIMARIAS

Valora este artigo
(2 Votos)

A sede dos socialistas de Camariñas, a entrañable Casa do Pobo, que dou acubillo aos voluntarios do Prestige, a distintos colectivos sociais que teñen realizado alí as súas actividades, que axudou a difundir novas de todo tipo, ou que serve para degustar un bo café en mellor compañía, segue coa súa tradición e vocación democrática para facilitarlle aos militantes socialistas de Camariñas que avalen aos seus candidatos para participar no proceso de primarias internas que darán como resultado a elección do candidato a presidir o goberno de Galicia nas próximas eleccións autonómicas.

Dende o luns, 9 de maio, e ate o próximo xoves, a Casa do Pobo permanecerá aberta dende as cinco ate as sete da tarde. Tódolos militantes que o desexen poden acudir alí e respaldar co seu aval ao compañeiro que estime entre os que teñen formalizado a súa candidatura para participar nas primarias. O regulamento establece que é preciso, a lo menos, un 10% do aval dos militantes para poder participar no proceso.

Ate o 13 de maio os socialistas e as socialistas de Galicia poderán avalar aos seus candidatos á Xunta de Galicia. O 19 deste mesmo mes proclamarase o candidato, ou candidatos, que houberan acadado, a lo menos, o 10% dos avais do total do censo e o día 28 celebrarase a votación. Democracia en estado puro.

Os militantes e as militantes que, pola razón que fose, non poidesen achegarse á Casa do Pobo e desexen avalar a un dos compañeiros que aspiran a presentarse, poden poñerse en contacto coa Sª Xeral, Encarna Liñeiro que, a bo seguro, poñerá os medios para que ninguén deixe de exercer o seu dereito democrático. Isto é o PSOE. Calquera parecido con outros, como acabamos de ver este fin de semana, é pura casualidade.

634 Modificado por derradeira vez o Luns, 09 Mai 2016 09:14
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.