OS SOCIALISTAS DE CAMARIÑAS CELEBRAN O 1º DE MAIO XANTANDO EN FRATERNIDADE

Valora este artigo
(4 Votos)

Como cada Primeiro de Maio os socialistas de Camariñas celebran cun xantar de fraternidade a festa do traballo.cNa Casa do Pobo, e coa colaboración de tod@s, os militantes e simpatizantes socialistas están convidados a compartir un xantar de camaradería o próximo domingo, 1 de maio, como xa ven sendo tradición dende hai anos.

A única condición é contactar coa Sª Xeral, Encarna Liñeiro, e manifestar a intención de asistir. Esta festa organízase, como xa se dixo, coa colaboración solidaria de todos e de todas polo que é arriscado aventurar o menú, salvo a presencia inescusable dos tradicionais callos.

Agora ben, un xílgaro atravesado contounos ao oído que non faltará unha grandiosa paella de marisco, algunha que outra tortilla de “patacas de areiro e ovos da casa”, e algunha que outra lambetada de postre.

Unha boa ocasión para compartir e departir amigablemente nun día moi especial para os traballadores e traballadoras. Tamén para o Partido Socialista OBRERO Español.

940 Modificado por derradeira vez o Xoves, 28 Abril 2016 08:49
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.