ABEL CABALLERO MANTEN UN ENCONTRO COS SOCIALISTAS DA COSTA DA MORTE

Valora este artigo
(5 Votos)

O presidende da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo, Abel Caballero, manterá unha reunión cos socialistas da Costa da Morte o próximo mércores na Casa do Pobo de Camariñas, no programa de visitas que o rexidor vigués está levando a cabo entre os principais referentes do socialismo galego.

A este encontro están convocados os cargos públicos e militantes do socialismo da Costa da Morte para escoitar as iniciativas que Abel Caballero trasladará a todos eles. Pero servirá, tamén, para que os socialistas da Costa da Morte trasladen ao rexedor vigués as inquedanzas e propostas que as agrupacións municipais da Costa levan propoñendo nos últimos tempos. Sen ir mais lonxe, o último Comité Provincial dos socialistas coruñeses aprobou unha resolución da Costa da Morte onde se demandaba un Congreso que dotase ao Partido dunha dirección política forte capaz de preparar á Organización para as próximas eleccións autonómicas, e a convocatoria das primarias que permitisen dotar ao PSdeG dun candidato, ou dunha cadidata, que liderase a proposta socialista con garantías. O exemplo dos socialistas de A Coruña foi seguido unhas semanas despois polos socialistas de Ourense.

Ven, pois, Abel Caballero a un territorio onde o Partido Socialista é o principal referente institucional xa que goberna en cinco dos nove concellos do partido xudicial de Corcubión e mantén presencia en tódalas cámaras: José Manuel Pequeño na deputación provincial, Marisol Soneira no Parlamento Galego, e Ricardo García Mira no Congreso dos Diputados. E non hai que esquecer que un dos principais referentes do socialismo galego, Francisco Caamaño, é tamén natural da Costa da Morte, mais concretamente da vila de Cee.

Para os socialistas de Camariñas é todo un orgullo que lle toque a súa agrupación ser anfitriona dun acto político de tanta relevancia e de tanta importancia para o Partido Socialista e para Galicia.

851 Modificado por derradeira vez o Luns, 18 Abril 2016 15:16
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.