Este vindeiro Domingo terá lugar a V Carreira Pedestre do Concello de Camariñas,incluida no Circuito Costa da Morte 2016.

Valora este artigo
(1 Voto)

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Canosa Campaña, mais coñecido por "Campaña" organiza unha nova edición da carreira pedestre, a quinta xa, no noso concello que está integrada no circuito desta modalidade deportiva Costa da Morte.

O marco onde se desenvolve pasa por ser un dos mais fermosos de todo un circuito que, xa por si mesmo, é espectacular. Gran traballo do departamento de deportes do concello, dos seus técnicos e dos moitos voluntarios e patrocinadores que contribúen a que o domingo se viva un día moi especial en Camariñas.

Esta carreira  é unha proba que ano tras ano segue a medrar en participacion,chegando nesta edicion a congregar a case 700 atletas nas distintas carreiras que se disputan ao longo de toda mañá.Como novidade principal, e coincidindo co 120 Aniversario do Faro Vilán, a proba raiña dos 10 kilometros sairá  as 12 en punto da mañá, dende a explanada do faro, onde os case 350 participantes da proba ,formarán unha impresiomante estamp, no instante da saída co marco incomparable do Faro Vilán ao fondo.

Antes,durante a mañá ,no Paseo Marítimo, disputaranse as carreiras dos mais pequenos:ALEVÍNS as 10:00 h
BENXAMÍNS as 10:15 h
PITUF@S as 10:30 h
As 10:45 a proba dos 3 kilometros disputarase no circuito urbán,donde participaran as catagorias INFANTIL,XUVENIL,e SENIORS anotados nesta carreira.

O Domingo vai ser un dia de festa,de festa deportiva donde Camariñas estará abarrotado  de xente que fará deste día algo moi especial para todos e todas.

Todo esto e posible grazas a decidida aposta do Concello de Camariñas polo Deporte. Pero todo gran evento necesita de voluntarios, e neste caso toca agradecer ao  Club Balonmán Camariñas pola sua colaboracion; tamén aos bikers de diferentes asociacions (Bikers do Vilán ,B.Costa da Morte); os moitos voluntarios individuales que se suman a colabora; as agrupacions de Proteccion Civil de Muxia, Arteixo, Vimianzo, Carballo ,Laxe, Camariñas, e tamén á Policia Local de Camariñas e de Muxia.

E tamén se precisan patrocinadores. Campaña quere agradecer aos patrocinadores do Circuito Costa da Morte porque sin eles esto sería imposible de conseguir

Industrias Cerdeimar
Ferroatlantica
Reneymar
Coca Cola
La Voz de Galicia-Radiovoz
Asociacion Costa da Morte

938 Modificado por derradeira vez o Mércores, 13 Abril 2016 14:40
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.