OS SOCIALISTAS CONSIDERAN UNHA “FELONÍA” QUE A XUNTA DEFENDA A SUPRESIÓN DA BASE DE SALVAMENTO DE CEE POLAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

Valora este artigo
(5 Votos)

Marisol Soneira lémbralle ao goberno galego que “a súa obriga política, legal e moral é defender os intereses dos galegos e galegas por enriba dos dunha ministra amiga”

A deputada socialista Marisol Soneira cualificou de “felonía” a defensa por parte do goberno galego da eliminación da Base de Salvamento Marítimo de Cee en base a un informe sobre as condicións meteorolóxicas adversas. A deputada socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca sobre esta polémica decisión que deixa indefensa unha das costas con maior tráfico e co maior número de sinistros de España.

Soneira acusa ao goberno galego de “facer o ridículo e dicir cousas que non son certas”, e lembroulles a súa “obriga política, legal e moral de defender os intereses dos galegos e das galegas por enriba dos dunha ministra amiga”. Ironizou recomendándolle ao goberno galego que instale a base de salvamento marítimo no aeroporto de Barajas “si o que buscan é que faga bo tempo”.

A deputada da Costa da Morte lamentou a impasibilidade do goberno galego diante desta decisión da ministra Ana Pastor que vén botar por terra un compromiso posto en marcha polo goberno de Zapatero e que supuxo un investimento final de 1,5 millóns de euros.

Denunciou que Fomento “acaba de confirmar o que xa sabíamos: que nunca houbo intención de manter operativa esta base de salvamento, que nunca houbo a máis mínima intención de manter un helicóptero permanente e que a decisión xa estaba tomada dende que o presidente da Xunta tomou posesión en 2009”.

Engade que o Goberno galego “non ten a máis mínima intención de dotar a esta parte do territorio de medios de salvamento de resposta rápida, e que este tipo de decisións forman parte do modus operandi dos gobernos sostidos polo PP para cos habitantes da Costa da Morte e de toda Galicia”.

862 Modificado por derradeira vez o Martes, 08 Marzo 2016 21:41
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.