INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "DESCUBRINDO CAMARIÑAS. CORAZON DE ENCAIXE", NO CENTRO COMERCIAL FINISTERRAE DE CEE

Valora este artigo
(8 Votos)

O Concello inaugurou unha exposición no Centro Comercial FinisTerrae de Cee co título “DESCUBRINDO CAMARIÑAS. CORAZÓN DE ENCAIXE”

A exposición resume os 25 anos da Mostra do Encaixe de Camariñas e o ano pasado estivo recorrendo varias cidades españolas como Madrid,Barcelona, Valencia ou Ourense, para conmemorar  os 25 anos do certame. Recolle distintas pezas con varios estilos, dende vestidos de noiva, ate enxoval doméstico, ou complementos, así como fotografías do cuarto de século da Mostra.

A concelleira responsable da Promoción do Encaixe, Sandra Insua, aproveitou o acto para convidar a todo o mundo ao evento de Camariñas, que se inaugurará o próximo 23 de marzo. A Mostra estará na segunda planta do edificio comercial ate a Semana Santa. Ao acto inaugural acudiron representantes municipais de toda a comarca e o presidente da Federación de Empresarios da Costa da Morte.

1626 Modificado por derradeira vez o Venres, 04 Marzo 2016 21:57
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.