ACTIVIDADES CONCELLO DE CAMARIÑAS CO GALLO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Valora este artigo
(6 Votos)

O concello de Camariñas, a través da Concellería de Servizos Sociais, fomenta o debate e actividades varias nos colexios do municipio co gallo do 8 de marzo. As datas e lugares serán o Colexio Primaria A Ponte do Porto do 16 e 18 de Marzo e o Colexio Primaria Camariñas o 17 de Marzo.

Estas actividades, para celebrar o día da muller traballadora, abrangue dende terceiro ata sexto de primaria que conforman un total de 8 grupos que acadan de 100 alumnos/as.

Os traballos versarán sobre os diferentes aspectos da discriminación que sofren as mulleres no mundo laboral. na súa inserción e a igualdade de oportunidades, e as diferencias salariais entre xéneros.

Para elo, cada un dos grupos de nenos e nenas traballarán nos valores da igualdade. Nunha primeira parte ollaran a representación de “Arturo e Clementina” unha versión do conto de Adela Turín. Nunha segunda parte farase unha reflexión do acontecido en escena. E nunha terceira parte voltarase a representar de novo o conto coas modificacións establecidas polos participantes. Esta actividade emprega o modelo do teatro Fórum, que é un teatro participativo directo e eficaz e permítelles vivir unha experiencia na que as persoas participantes non só son espectadores, xa que teñen a posibilidade de transformar na ficción unha realidade inxusta. La experiencia de ser suxeitos desa transformación no teatro axúdalles a ser suxeitos de transformacións similares na súa vida real.

1044 Modificado por derradeira vez o Venres, 04 Marzo 2016 22:00
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.