O CONCELLO CREA UNHA BOLSA DE TRABALLO PARA PARADOS

Valora este artigo
(1 Voto)

O Concello de Camariñas publica a convocatoria para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de operarios de limpeza viaria.

Esta bolsa ten por obxecto crear unha lista para cubrir as necesidades temporais de persoal do Concello. Unha vez superado o proceso selectivo chamarase por orde aos candidatos ou candidatas según a necesidade do servizo. A duración do contrato non poderá superar os 4 meses, salvo contratos de interinidade para substituír incapacidades temporais. Unha vez acadados os 4 meses pasarase a ocupar o último posto da lista. A vixencia da bolsa será de doce meses.

O anuncio está publicado no taboleiro da Casa do Concello e no taboleiro da sede electrónica. Pódese acceder ás bases pinchando neste enlace.

Recomendamos estar atentos a estes taboleiros pois neles publicaranse a listaxe de admitidos provisionalmente e a data, lugar e hora das probas de selección.

1296 Modificado por derradeira vez o Venres, 04 Marzo 2016 22:01
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.