O SÁBADO 12 INAUGÚRASE O TANATORIO DA PONTE DO PORTO

Valora este artigo
(6 Votos)

O sábado 12, as 7 do serán, inaugurarase por fin o tan ansiado tanatorio da Ponte do Porto. A empresa Ciriaco Gonzalez, S.L. abrirá un  velatorio situado na planta baixa da casa rectoral da Ponte do Porto donde se situaba o antiguo despacho parroquial, para moitos veciños conocido pois en ese despacho parroquial tiñamos que pasar para ir buscar un certificado de bautizo, de confirmación ou para arreglar o necesario para a celebrar a nosa boda.

O velatorio conta con 163 metros cuadrados, ten duas salas mortuorias perfectamente decoradas, con un gusto exquisito.

A empresa chegou a un acordo co Arzobispado de Santiago, e resaltan tamén a labor facilitada por D. Jesús, Parrroco de Camariñas ó que amosan o seu agradecemento.

Tamen nestes días tivo entrada nas dependencias municipais o proxecto de execución dun segundo tanatorio  na Ponte do Porto, concretamente situado na Rua Esquipa, pola empresa Pombo Vazquez, S.L.

Con estos dous tanatorios queda sobradamente demostrado que a decisión política de ubicar o tanatorio municipal en Camariñas foi acertada xa que eramos conscientes do gran interese que había polas empresas privadas de realizar un na Ponte do Porto, todo o contrario que lle pasaba a vila dos encaixes.

2315 Modificado por derradeira vez o Martes, 08 Marzo 2016 21:44
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.