O CONCELLO DE CAMARIÑAS ASUME A XESTIÓN DA EDAR DE CAMELLE-AROU

Valora este artigo
(3 Votos)

O Concello de Camariñas asume a partir do día 1 de marzo as labores de xestión da EDAR de Camelle-Arou. A EDAR foi construida polar a empresa Espina y Delfín,que tiña tamén no seu contrato a xestión da mesma por un periodo de 5 anos, tempo que acaba de rematar

Persoal de Augas de Galicia, da empresa concesionaria e o alcalde de Camariñas, firmaron na propia EDAR o traspaso ao Concello. O Concello de Camariñas xa leva a xestión e mantemento de todos os pozos de bombeo de todas as depuradoras do concello, ademáis das depuradoras de Santa Mariña e Brañas Verdes.

Esta importante obra, como todas as depuradoras do noso concello, tanto as de augas residuais como a instalada no depósito de auga potable que suministra a todo o concello, son a obra dun Presidente da Xunta e dun Conselleiro de Medio Ambiente socialistas: Emilio Pérez Touriño e Pachi Vázquez. Gracias as políticas dese goberno CASI tódalas augas de Camariñas están depuradas. Solo faltan as da parroquia de Xaviña porque Feijoo e o seu goberno consideraron, no seu día, que o planificado por outro goberno non merecia ser respectado.

1135 Modificado por derradeira vez o Venres, 04 Marzo 2016 22:08
Máis en esta categoría:

Deixa un comentario

Asegúrate de encher a información requerida marcada con (*). Non étá permitido o código HTML. Teu enderezo de correo non será publicado.