Sandra Ínsua Rial

Sandra Ínsua Rial

O Concello de Camariñas abriu o prazo para a presentación de solicitudes de préstamo de cama ortopédica para os veciños que teñan recoñecida unha dependencia de grado III ou II e non se beneficien de ningún servizo ou axuda para persoas dependentes.

A atención das persoas mais dependentes, maiores que viven solos ou calquera cidadán que estea en situación de vulnerabilidade conta, no concello de Camariñas, con axuda domiciliaria logo de ser estudado cada caso polos servicios sociais do concello.

Os servicios sociais de Camariñas están desempeñados por unha traballadora social e unha auxiliar administrativa que son financiados por recursos procedentes do Concello, da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial. A traballadora social é a responsable do programa de información, orientación e asesoramento, a través do cal os usuarios poden acceder a todos os recursos sociais: prestacións, axudas, pensións, servizos e á información relativa aos dereitos sociais  que lles correspondan. Desde este programa realizase o estudo, difusión e posta en marcha de proxectos novos de ámbito local e o desenvolvemento, a nivel municipal, de programas autonómicos e estatais.

A tenente de alcalde, Sandra Insua, clausurou fai uns días o programa Deseñando o teu Futuro na Costa da Morte" onde 30 mozos e mozas dos concellos de Camariñas, Mazaricos, Vimianzo e Muxía comezaron as súas estadías en empresas destes concellos.

PARTICIPANTES

Poden concorrer a esta convocatoria tódolos noveis deseñadores, nos que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Poden intervir os alumnos e as alumnas que estudien en centros, escolas e academias que impartan ensinanzas de deseño e técnicas de confección, teñan ou non, os seus estudos rematados.

b) Todas aquelas persoas, vinculadas ó mundo do deseño, que aínda sendo profesional no campo da moda por manter unha relación contractual ou autónoma con algunha empresa do sector, non formen parte do equipo de deseño da mesma. Dita circunstancia debe ser acreditada coa correspondente declaración xurada.

CONDICIÓNS XERAIS

1) As coleccións versarán sobre PRIMAVERA - VERÁN 2016.

2) Cada participante ou grupo, presentará unha colección de 4 deseños de moda masculina ou feminina, incorporando Encaixe de Camariñas neles. Todos aqueles deseños que presenten outro encaixe diferente, non serán aceptados.

3) A modalidade á que poden optar é libre tanto para moda masculina como feminina, con tódalas súas variantes: rúa, festa, noiva, lencería, etc....

4) Cada unha das pezas e accesorios deberá levar no seu interior unha etiqueta que identifique o  nome da colección.

5) As coleccións presentadas non puideron ser premiadas noutros certames de moda.

6) A calidade das memorias será valorada polo xurado. A puntuación obtida sumarase á valoración da confección, deseño e aplicación do encaixe.


7) Na memoria deberase definir os tecidos utilizados e os complementos para cada un dos deseños presentados; no caso de que os materiais descritos non coincidan cos empregados nas prendas será motivo de eliminación.

8) Presentarase unha memoria por colección.

9) Formato da memoria: os participantes presentarán os seus deseños en láminas de formato DIN A-3 ou A-4, con deseño de fronte e posterior.

10) Xunto coa memoria deberase entregar un sobre pechado có nome da colección, no seu exterior, e, no interior, a folla de inscrición que se lle adxunta, debidamente cuberta, fotocopia doDNI por ámbalas dúas caras e currículo do/a autor/a e a declaración xurada no caso de ser necesaria.

11) En ningún caso nos deseños e memoria das colecciones presentadas deberán figurar datos que identifiquen ós deseñadores, para garantir o anonimato en todo momento.

INSCRICIÓNS

Os participantes deberán presentar ou enviar a memoria e o sobre citado anteriormente en/ a:
CONCELLO DE CAMARIÑAS (XXVI Mostra do Encaixe),
Praza Insuela, 57.
15123 CAMARIÑAS (La Coruña).

Todo isto sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación das solicitudes será ata o 1 de decembro de 2015.

O Concello de Camariñas reserva o dereito de anular o concurso, se as memorias recibidas non reúnen un mínimo de calidade ou o número de memorias recibidas non é o suficiente para organizar un desfile.

DESENVOLVEMENTO

Dado o limitado número de prazas seleccionaranse as memorias presentadas. O Concello de Camariñas comunicará a lista de memorias admitidas ó concurso antes do día 17 de decembro.

Todas as memorias seleccionadas recibirán unha cantidade de encaixe por valor de 300 euros, segundo catálogo e tarifa establecida de antemán polas asociacións de encaixeiras do municipio de Camariñas, catálogo que se lles fará chegar no caso de que desexen participar. O encaixe que se lles subministrará estará realizado en algodón e en cor branco.

Os seleccionados confeccionarán a colección cos seus catro deseños propostos, para desfilar na pasarela da XXVI Mostra, desde o xoves ao domingo, cun promedio de 2 a 3 desfiles diarios. Os concursantes que poidan asistir á Mostra poderán estar no backstage atendendo as súas coleccións.

A organización da Mostra e a da Pasarela non se fará responsable de posibles deterioros por uso durante os desfiles ( por exemplo descosidos, botóns desprendidos, manchas de maquillaxe, ...)

As pezas confeccionadas terán que chegar ó Concello de Camariñas antes do día 15 de marzo do 2016. Cada conxunto debe de ir con percha e acompañado de unha ficha, onde conste o nome da colección, os complementos e as pezas que formen dito conxunto (no caso de ter algunha colocación especial debe de indicarse claramente) e o nome da modelo que se lle adxudicou.

As prendas confeccionadas deberán ser remitidas a:
CONCELLO DE CAMARIÑAS (XXVI Mostra do Encaixe),
Praza Insuela, 57.
15123 CAMARIÑAS (La Coruña).
Teléfono. : (981) 737004-736000

REXEITARANSE TODOS AQUELES TRABALLOS QUE NON CUMPRAN AS CONDICIÓNS DO CONCURSO.

XURADO

O xurado, previa valoración das memorias, confección, deseño e encaixe (elección, distribución e aplicación), dictaminará os premios.

A composición do xurado, darase a coñecer no momento axeitado e estará composto por personalidades do mundo da moda ou que teñan relación con ela dalgún xeito.

A decisión do xurado será inapelable.

PREMIOS

O XXIII Concurso de Noveis Deseñadores estará dotado dos seguintes premios:
1º premio: 2104 euros e diploma.
2º premio: 1202 euros e diploma.
3º premio: 601 euros e diploma.
Ademais, haberá un premio especial de 601 euros, que será elixido polo público que participe nos desfiles.

O comité organizador entregará os premios coincidindo coa xornada de clausura da Mostra.

Asemade, farase entrega a cada un dos participantes no concurso dun diploma que acredite a súa participación no XXIII Concurso de Noveis Deseñadores.

O xurado poderá deixar deserto un ou máis premios se estima falta de mérito nos traballos presentados, e a súas decisións serán inapelables.

DEREITOS

As obras galardoadas cos tres primeiros premios quedarán en poder do Concello de Camariñas para a súa presentación en desfiles, exposicións e diversos actos durante 2 anos; sempre figurará o nome do autor. Durante este período se o deseñador precisa da colección para participar en outro evento a organización da Mostra enviaralle a colección para o evento
solicitado.

As memorias serán entregadas na clausura da XXVI Mostra ou enviadas por correo ós participantes que as soliciten.

Queda implícita a autorización dos autores das obras seleccionadas para a reproducción e publicación de imaxes ou contidos destas por parte do Concello de Camariñas ou calquera que estime oportuno.

Queda implícito na participación desta convocatoria a aceptación do contido das bases.

Calquera dúbida sobre a súa interpretación, ou calquera modificación desta, será resolta polo comité organizador da Mostra do Encaixe.

Camariñas a través da Mostra do Encaixe participará na Feira Termatalia que se celebrará desde este xoves, 24 ao domingo 27 de setembro.Para mostrar Camariñas aos 39 países e 279 expositores que estarán en Termatalia estamos a montar a Exposición do 25 Aniversario da Mostra e un stand. Neste espazo mostrarase unha selección de moda pret porter de 8 deseñadores: José Castro, Cristóbal Vidal, Ana Cabranes, Franco Quintáns, Charo Carrillo, Oky Coky, Ángela Aguerri e Alberto Neves, tocados de Chic Marelli e Janet Schulz, con pezas exclusivas de enxoval doméstico e complementos de moda realizadas pola Asociación Profesional Rendas e diverso material informativo.

El Concello de Camariñas promociona su Mostra do Encaixe en varias ciudades españolas, coincidiendo con la celebración del 25 aniversario de este certamen. El Ayuntamiento ha organizado una exposición itinerante con el título Descubriendo Camariñas-Corazón del Encaje, en la que se pueden ver varias piezas de encaje, un vídeo promocional y una retrospectiva histórica del certamen.

Esta exposición que realiza a organización da mostra en Madrid para a promoción da XXV Mostra do Encaixe de Camariñas honrara non só a labor de tódalas palilleiras, senón tamén a todos aqueles que puxemos un graiño de area para conseguir facer ano tras ano este evento tan importante para Camariñas. Os seus fundadores e concelleiros (Marisol Soneira, Antonio Jesús Alonso Ballester, Sergio Caamaño e Sandra Ínsua), todos eles merecen tamén un recoñecemento especial. Dende Mais Camariñas queremos recordar que a Mostra do Encaixe de Camariñas é un dos acontecementos do que máis orgullosos nos sentimos e polo cal seguiremos traballando duramente día tras día para lograr unha Mostra do Encaixe máis grande ano tras ano.

As Súas Maxestades de Oriente chegarán ao Concello de Camariñas o día 5 de xaneiro nunhas espectaculares carrozas que percorrerán tódolos lugares do concello. Haberá recepcións oficiais en Arou, Camelle, Ponte do Porto, Xaviña e Camariñas. As paradas, segundo o protocolo, realizaranse nos seguintes lugares e horas. Sairán de Brea as 12 da mañá, pasarán por Pescaduira e Brañas Verdes e en Santa Mariña estarán as 12:30 e continuarán o seu camiño ata Arou que estarán na praza da Cerquiña as 13:00 horas (si chove irán o Centro de Cultura da Estivada). Despois dirixiranse a Camelle, onde recibirán os nenos na Casa do Alemán as 15,30 horas, para de seguido ir ata Ponte do Porto, onde pararán na praza de San Roque, e si chove, no Pavillón o redor das 17 horas. A Igrexa de Xaviña (si chove no Teleclub), teñen previsto chegar sobre as 18,30 horas . De seguido seguirán ata Camariñas onde chegarán sobre as 20 horas a Praza do Concello, (si chove no pavillón). Gran actuación do home orquestra: CÉ ORQUESTRA PANTASMA ás 18:45, na Praza do Concello, (si chove no pavillón). Repartirán miles de CARAMELOS, PALOMITAS e ALGODÓN DE AZUCRE no seu percorrido para nenos e non tan nenos, que estean a esperar por eles. Formarán parte tamén da cabalgata uns espectaculares dromedarios.

A organización do XXII Concurso de Noveis Deseñadores da XXV Mostra do Encaixe de  Camariñas agradece a tódolos deseñadores/as participantes neste concurso, así como aos/ás directores/as das escolas de deseño de moda que ano tras ano incentivan aos seus alumnos/as a participar no concurso; entre as cales queremos mencionar especialmente ós seguintes centros: CAEA Liceo “La Paz”, Cenatex, EASD Valencia, EPYCO, Escola de Moda do Porto, Escuela Guerrero, Escuela Vernal, ESDEMGA, ESDM Felicidad Duce, Goymar Coruña y Vigo, Gremio Artesanos de Sastres, IES Sivera Font, Instituto Manuel Antonio, Liper, María Lariño,  Mestre Mateo, Pin Factory e Susa Suárez. Recibíronse propostas de 87 noveis deseñadores, todas elas merecedoras de ser finalistas pero só se puideron  seleccionar 28 memorias.

Páxina 1 de 5