Redacción

Redacción

Ao longo do que resta de mes a empresa contratada decorará as rúas de todo o concello para que estean lucindo na ponte da Constitución. Colocaranse  70 puntos de iluminación festiva centrándose, sobre todo, nas entradas de todos os nosos pobos e naqueles lugares con maior afluencia de veciños. Ademais iluminaranse varias árbores das nosas parroquias para que todos teñamos preto unha árbore de Nadal que nos tranasmita os sentimentos e a ledicia destas festas tan entrañables para todos e que, tamén, anime a gastar no comercio local.

Una delegación compuesta por una veintena de alcaldes y concejales socialistas ha visitado esta semana Bruselas para conocer de primera mano líneas de financiación europeas disponibles para impulsar el desarrollo local. Se trata de una delegación invitada por el eurodiputado socialista José Blanco, que considera de máximo interés para las nuevas corporaciones locales tomar contacto con las instituciones europeas para conocer aquellos programas de financiación disponibles para el desarrollo local.

Nestes tempos onde a dereita non atopa outro remedio,  para cadrar as contas públicas, que asolagarnos con recortes e impostos de xeito indiscriminado, estamos asistindo a unha situación que parecía ciencia ficción non fai moito: que o o sistema público de saúde cuestione tratamentos que teñen demostrado a súa eficacia e a súa contribución a erradicación de moitas enfermidades.

A deputada socialista Marisol Soneira presentou hoxe as emendas que o seu grupo parlamentario acaba de rexistrar para tentar corrixir os orzamentos da Xunta de Galicia para o próximo ano. As emendas foron propostas polos socialistas da Costa da Morte e abranguen dende actuacións puntuais nos distintos concellos, ate proxectos e iniciativas de ámbito comarcal.

O martes 17 de novembro, o IES Plurilingüe Pedra da Aguia, de Camariñas, recibiu a visita de tres exdeputados do Parlamento galego, o que se está a converter  nunha constante nos últimos catro anos. Antes de comezar, gardouse un emotivo minuto de silencio polas vítimas dos atentados terroristas en París, aínda que se precisou que habería que gardar moitos minutos de silencio para honrar  a todas as vítimas inocentes que se producen a diario no mundo.

Una delegación compuesta por una veintena de alcaldes y concejales socialistas visitará a mediados de semana Bruselas para conocer de primera mano líneas de financiación europeas disponibles para impulsar el desarrollo local. Se trata de una delegación invitada por el eurodiputado socialista José Blanco, que considera de máximo interés para las nuevas corporaciones locales tomar contacto con las instituciones europeas para conocer aquellos programas de financiación disponibles para el desarrollo local.

Hoxe, o concello de Camariñas, gardou un minuto de silencio contra o horror do terrorismo fanático. O alcalde, os concelleiros que se atopaban nese momento na Casa do Concello, e os funcionarios amosaron en silencio a súa solidariedade coas vítimas masacradas en París. Este acto repetiuse por toda a xeografía de Galicia, España e Europa.  O silencio respectuoso fronte a barbarie.

Este era o lema da pancarta que portaban o alcalde e algúns dos concelleiros socialistas, na manifestación que os profesionais do sector do cerco protagonizaron hoxe polas rúas de Santiago de Compostela.

Hoxe todos somos franceses. Cando o terror fanático golpea a cidadáns inocentes todos nos sentimos golpeados, teñan a nacionalidade que teñan. Hoxe todos nos sentimos máis fráxiles e máis vulnerables porque o terror covarde, aínda que se disfrace de misión divina, non fai distingos entre clases sociais, entre mozos ou maiores, entre cristiáns ou musulmáns, entre homes ou mulleres. O fanatismo cego é iso, cego a toda razón e a todo sentimento de humanidade.

Os socialistas da Costa da Morte celebraron esta noite unha reunión na Casa da Cultura de Corcubión para elixir ao coordinador comarcal en substitución do carnotán Suso Campos, que deixou a responsabilidade este verán.

Páxina 10 de 58