Redacción

Redacción

Este sábado a productora HISTORY CHANNEL CANADA (Shaw Media) pasouse polo noso Concello para facer unha rodaxe dun pequeno documental sobre os Vikingos en Galicia.

Os escolares de 6º de primaria do CEIP O AREAL, E O CEIP PONTE DO PORTO, en total 40 nenos, visitarán mañán luns, dia 30 de Novembro, as instalacións e Talleres da Asociación Integro, en Nanton. Acompañarán aos escolares, ademáis dos seus respectivos titores, a Asistente Social do Concello de Camariñas, asi como a Concelleira de Asuntos Sociais, Sandra Insua, que quere conocer da sua propia man o funcionamento deste centro de personas con diversidade funcional.

Os mariñeiros do cerco levan manifestándose durante meses por un reparto de cuotas de pesca absolutamente irracional e contrario a toda lóxica. Moitos deles levan semanas acampados diante de San Caetano, sede da Xunta de Galicia, sometidos a grandes sacrificios e penurias demandando unha interlocución que o goberno galego nega.

Previamente á celebración do Pleno mais de 600 persoas, entre as que se atopaban a Vicepresienta 2ª  do Parlamento de Galicia Marisol Soneira, e a Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE Pilar Cancela, concentráronse na Praza do Concello para amosar o seu apoio aos mariñeiros e armadores do cerco.

Noite de solidariedade das xentes de Camariñas que, en número de mais de 600 persoas acudiron a amosar o seu apoio as familias que manteñen a loita para conseguir cuotas de pesca xustas para as súas empresas. A eles dirixiuse Manuel de Lin agradecendo o apoio e manifestando que, de non mudarse esta distribución, a flota do cerco desaparecerá en poucos anos.

Moitos dos asistentes acudiron, de seguido, ao Pleno do concello onde, entre outros asuntos, debatíase unha moción redactada pola Asociación de Cerqueiros e presentada polo Grupo Socialista. A moción foi votada a favor polos sete concelleiros do Partido Socialista e pola única concelleira do BNG. Os concelleiros do PP abstivéronse e pretenderon defender a súa propia moción, que non prosperou ao estimar o resto de concelleiros que non había urxencia para o seu debate xa  que a que se acababa de aprobar era a vontade do sector.

Houbo gran expectación no salón de plenos do concello de Camariñas, cheo ate a bandeira, para seguir en directo este debate. O acordo, que será remitido á Xunta de Galicia e ao Goberno Central, consta de tres puntos:

1. Manifestar o noso apoio ao sector do cerco galego e en particular ás embarcación de Camariñas, ante a dramática e inxusta situación pola que están a atravesar.

2. Reclamar ás distintas administracións, e nomeadamente á Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o apoio ás xustas reivindicacións que plantexa o sector do cerco a través de ACERGA.

3. Reclamar a modificación do actual reparto de cuotas no que prima un criterio de capturas históricas por outros onde os criterios socioeconómicos prevalezan.

Mañá, venres, as 20.00 horas celebrará pleno ordinario a corporación municipal cunha ampla orde do día: nomeamento de xuíz de paz, nomeamento de representantes do concello na Rede Española de Ciudades por el Clima, MOCIÓNS DE URXENCIA, decretos e comunicacións, dación de contas do informe de Intervención, da incorporación da nova concelleira Estrella Antelo Martinez ao grupo municipal do Partido Popular e da adcrición dos membros do Grupo Polular as distintas comisións, e rematan os puntos da orde do día cos rogos e preguntas.

O próximo venres, as 20.00, o concello de Camariñas celebra un pleno no que, entre outros asuntos,  vaise a debater unha moción do Grupo Municipal Socialista en defensa e apoio do sector do cerco e dos nosos mariñeiros que, en tres puntos, amosa as demandas da flota:

Co motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Camariñas está a desenvolver o programa Entérate de Sensibilización e Prevención da violencia de xénero nos CEIP de Ponte do Porto e no CEIP O Areal, así como no IES Plurilínüe Pedra da Aguia.

Si o domingo era o Camariñas Fútbol Club, e os seus afeccionados, os que amosaban o apoio incondicional as xustas demandas dos armadores e mariñeiros do cerco, dende +Camarinas queremos facer un recoñecemento público dos pioneiros desta iniciativa, no mundo do noso deporte, que non son outros que os xogadores, afeccionados e directiva do Club Balonmán Camariñas, Conservas Boya.

Hoxe o equipo de fútbol do Camariñas sumouse á marea de apoios aos nosos mariñeiros do cerco que están a pasar un auténtico calvario “gracias” as ocurrencias de Feijoo e de Rajoy no reparto das cuotas de pesca.

Entre o 5 e o 8 de decembro vanse a desenvolver no noso concello toda unha serie de actividades que van a ter o mar e as algas como protagonistas. Esta iniciativa organizada polo Club Náutico e coa que colaboran o Concello, a empresa Porto Muíño e a Asociación de Empresarios, pretende dar a coñecer este produto como un elemento mais da nosa cociña.

Os establecementos hostaleiros que se acolleron a esta iniciativa son o Náutico, O Curbeiro, Komarea, Gaviota, Moleda, O Percebe, Oasis, A Ría e o Bico dentro do capítulo de bares e cafeterías que servirán aos seus clientes exquisitas tapas confeccionadas coas verduras do mar. Ou como se denominan nesta orixinal iniciativa: o Encaixe do Mar.

Pero tamén os restaurantes se suman á promoción das algas: Villa de Oro, Stella Mare, Puerto Arnela e La Marina ampliarán a súa carta, xa de por si xenerosa e de calidade, con pratos onde “o encaixe do mar” será o ingrediente principal.

O programa de actos, complementario da oferta gastronómica, é tamén moi amplo e diverso:

O sábado día 5 de decembro, as 11 da mañá,  pronuciará unha conferencia sobre o valor nutricional o biólogo  Alfredo J. Veiga Villar na sala de conferencias do faro Vilán.
Ao día seguinte, domingo 6 decembro, con partida as 10 da mañá dende a Praza de Insuela, celebrarase unha andaina ate a praia de Lago, ao pe da Virxe do Monte, con Antonio Muíños Insua, da empresa Porto-Muiños, especializada na comercialización, transformación e elaboración de produtos para a alimentación humana coas algas como materia prima. Pola tarde, na Praza de Insuela, celebrarase un desfile de moda e complementos que teñen o encaixe por elemento fundamental. As modelos serán, non podía ser doutro xeito, rapazas de Camariñas.
O martes 8 as 10.30, guiados por Yaqui Fateira, poderemos apuntarnos as rutas Na Beira do Mar, onde coñeceremos os tipos de embarcacións, as artes de pesca e as súas modalidades. Dende a súa embarcación explicará as tarefas que desenvolven no barco segundo o tipo de especie que se capture. Unha experiencia para coñecer a vida do mar dende os propios profesionais. Logo, a partir das 11.25, baixo a batuta de Bernanrdino Martinez coñeceremos Historias Mariñeiras que nos explicará a orixe das galerías e da arquitectura marítima, a historia de Camariñas e a historia dos naufraxios. A xornada rematará cunha visita guiada ao Museo do Encaixe.

Sen dúbida una boa iniciativa e un exemplo de traballo cooperativo.

Páxina 9 de 58