Redacción

Redacción

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) dispón dunha unidade de resonancia móbil que periodicamente trasládase aos pequenos hospitais comarcais para prestar servizo.  Cando un paciente que acode ao hospital Virxe da Xunqueira e o seu médico solicita unha resonancia entra nunha lista de espera e é chamado cando a unidade se presenta en Cee.

Os socialistas de Camariñas fan participacións de lotería para o sorteo de Nadal que son distribuídas por militantes e simpatizantes entre todas aquelas persoas que boamente queiran contribuír e axudar a manter os modestos medios con que contamos: aluguer da Casa do Pobo, recibos da luz e da auga, consumibles de administración, etc.

O próximo domingo, as cinco da tarde, os socialistas de Camariñas celebrarán o seu mitin central para estas importantes eleccións xerais. Nesta ocasión o cartel estará protagonizado polo compañeiro Pepe Blanco que se comprometeu con Pichurri cando estivo en Camariñas dando unha conferencia sobre as posibilidades que ofrece a Unión Europea para financiar iniciativas locais. Pepe Blanco cumpre así coa palabra dada e os socialistas de Camariñas están encantados de poder contar cun compañeiro da súa relevancia política.

Preto de tres mil persoas abarrotaron o Palexco de Coruña para escoitar o mitin dos socialistas e do seu candidato a presidente do goberno, Pedro Sánchez. Foi un dos actos electorais mais concorrido dos celebrados en Galicia neste proceso electoral.

Unha ampla representación dos socialistas camariñáns asistirán ao mitin do Sº Xeral do PSOE, e candidato á Presidencia do Goberno, Pedro Sánchez, encabezada pola comisión executiva local coa súa Sª Xeral, Encarna Liñeiro, ao fronte.

A compañía Queiman e Pousa, mediante os seus actores Andrea Pousa e Bruxo Queiman serán os encargados de levar a imaxe do Encaixe de Camariñas polo mundo do espectáculo e nos actos institucionais aos que asistan.

+Camarinas acaba de coñecer o pasamento do alcalde do concello italiano de Novedrate, Maurizio Barni. Novedrate é o equivalente a Camariñas no mundo do encaixe italiano e, xunto concello portugués de Peniche, participante en diversos proxectos europeos relacionados co mundo do encaixe.

A pasada semana, 21 alumnos de 3º da ESO estiveron facendo un curso residencial en inglés, que se enmarca dentro do Programa de Inmersión Lingüística da Xunta de Galicia. Durante 5 días, os nosos   estudantes   conviviron cos estudantes do CPI Boqueixón no entorno natural de Os Peares  (Ourense). Sen profesores do Instituto e sen pais cerca, os alumnos estiveron titorizados por monitores nativos que lles obligaron a falar en   inglés xeito didáctico e divertido durante toda a súa estancia.

En vinte días decidirase quen nos vai a gobernar durante os próximos catro anos. España é un país democrático onde os cidadáns elixen, co seu voto, a quen lle encomendan a xestión dos seus intereses e do seu futuro colectivo. Polo tanto, é responsabilidade nosa decidir a quen lle entregamos o noso patrimonio mais importante: a nosa saúde e da nosa familia, a educación dos nosos fillos, a atención dos nosos maiores, a xestión da nosa pesca ou da nosa agricultura, os impostos, os copagos, etc, etc.

A colaboración entre o Concello e a Asociación de Empresarios volve a dar froitos. Neste caso en forma de desfile de moda que se pode adquirir nas tendas e comercios de Camariñas.

Páxina 8 de 58