Redacción

Redacción

O Concello de Camariñas está a realizar unha importante obra no Lugar de Fonte Barreira que suporá unha gran melloría no que a servizos de sanamento e acometidas domiciliarias se refire. Estase a demostrar unha vez máis que o equipo de goberno inviste en todo o Concello poñendo en valor todas as zonas do mesmo. Está actuación conta con un investimento de 80.432,44 euros.

 

A SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL APROBOU A: “MEMORIA AMBIENTAL CORRESPONDENTE AO PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE CAMARIÑAS”. Esto é o paso previo para a aprobación provisionál do PXOM do Concello de Camariñas.

Os dirixentes do PP, ven sexan a nivel nacional como municipal, cando hai grandes problemas, chámense crise dos controladores ou incendios forestais, sempre están no mesmo sitio NOS BARES.


O último caso é o de Mariano Rajoy, cando a noite do  venres 3 de decembro, en pleno caos, con milleiros de persoas tiradas nos aeroportos, vaise de copas cos colegas canarios, como el mesmo dixo en unha ocasión “VIVA EL VINO”.

Uns estamos a gobernar e arranxar os problemas, e outros celebrando non sabemos o que.

O Concello de Camariñas investirá en Camelle outra vez máis e concretamente na Rúa Pirica de Camelle que vai a ser renovada con cargo o POS 2011. Era esta unha vella demanda dos veciños desta rúa camellana que agora vense escoitados pola actual corporación e que pronto se porá en execución.

 

APROBADA UNHA PROPOSTA SOCIALISTA PARA INCENTIVAR ÁS EMPRESAS QUE SE INSTALEN NOS POLIGONOS INDUSTRUAIS DA COSTA DA MORTE

 

  • A deputada do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira criticou o incumprimento e demagóxica constantes promesas electorais do PP, cando estaba na oposición
  • Acusou ao Conselleiro de Infraestructuras de apropiarse das rebaixas acometidas desde o Estafo, a través de SEPES
  • Sinala que ata o de agora as únicas medidas impulsadas para rebaixa o chan industrial na costa da Morte, da titularidade que sea, son as tomadas polo Estado e que supoñen ata un 25% de bonificación e que son compatibles coas axudas á reindustrializacion que promove o Ministerio de Industria , e que o ano pasado moveron 7 millóns de euros


Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2010.
A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario Socialista Marisol Soneira, interveu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para defender unha iniciativa na que reclamou establecer tódalas medidas políticas que permitan o acceso das empresas, que desexen instalarse na Costa da Morte, o chan industrial existente nos polígonos xa construídos e nos que está previsto construír, a un prezo que non supere os 40 euros metro cadrado. A iniciativa que foi transacionada foi aprobada por  unanimidade.

Soneira criticou o incumprimento e demagóxica constantes promesas electorais do PP, cando estaba na oposición. E acusou ao Conselleiro de Infraestructuras de apropiarse das rebaixas acometidas desde o Estafo, a través de SEPES.

Soneira lembrou, na súa intervención, que os colectivos empresariais e sociais da Costa da Morte teñen emprendido iniciativas para acadar un chan industrial asumible para as súas economías, entre outras mantendo xuntanzas con todas as forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia, coa empresa SEA, coa Xunta de Galicia, con INFOINVEST, etc.


A deputada advirte, que o Partido Popular ten presentado e debatido iniciativas nos concellos da comarca nos anos de Goberno bipartito nas que sostiña a necesidade de abaratar este chan para que, en ningún caso superase os 40 euros por metro cadrado. Esta pretensión foi difundida durante a campaña electoral das autonómicas de 2009 e reiterada por distintos cargos públicos desta formación política dende o seu acceso ao Goberno nese mesmo ano.

A deputada socialista denuncia que estas promesas incumpríronse e hoxe non hai ningunha liña de actuación política que facilite a implantación empresarial neste chan, vista a ilegalidade das promesas irresponsables de campaña electoral.
Sinala que ata o de agora as únicas medidas impulsadas para rebaixa o chan industrial na costa da Morte, da titularidade que sea, son as tomadas polo Estado e que supoñen ata un 25% de bonificación e que son compatibles coas axudas á reindustrializacion que promove o Ministerio de Industria , e que o ano pasado moveron 7 millóns de euros .


TEXTO DA PROPOSTA APROBADA POR UNANIMIDADE;

O parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia;

-Dirixirse ao Ministerio de Fomento para que, a través da Sociedade Estatal de Promoción Equipamento de Suelo (SEPES) e en concreto de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), aplique e difunda os descontos acordados polo Consello de Administración de SEA o pasado 7 de outubro de 2010 para os parques empresariais axustando ao máximo o prezo das parcelas en función dos custos, ao igual que deberá facer a Xunta DE Galicia nos parques empresariais da súa competencia na mesma area.

-Establecer medidas e liñas de axuda á implantación de proxectos de caracter industrial, viables económica e tecnicamente que se desenvolva no territorio da Costa da Morte.

- Recomendar, en función da súa situación económica aos concellos onde radican os polígonos que, a súa vez, apliquen exencións nas taxas de servizos públicos municipais, por tempo limitado, ás empresas que se instalen nos polígonos do seu ámbito territorial.

- Establecer liñas de axuda, especificas para a costa da Morte a proxectos e iniciativas emprendedoras que se leven a cabo neste territorio en liña co recollido no Plan Costa Da Morte, incluíndo servizos de seguimento de operacións de financiamento ou de financiamento subsidiado que favoreza novos investimentos.

 

Xavier Carro, deputado socialista no Congreso dos Deputados estivo o xoves 25 do Novembro falando sobre as axudas para a reindustrialización do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ten para a Costa da Morte. O Ministerio abriu a convocatoria po ano 2011 que conta con un orzamento de 462,4 millóns de euros e que poden solicitarse ata o próximo 22 de decembro

OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE O PP REXEITE UN PLAN DE MELLORA DA PRODUCIÓN DE BIVALVOS IMPEDINDO O GRAN SALTO CUALITATIVO DO MARISQUEO


Marisol Soneira sinala que aplicar medidas para reducir a mortalidade de crías entre un 5 e un 15 por cento duplicaría a produción de berberecho e ameixa

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 10. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, lamentou hoxe o voto en contra do PP a unha iniciativa socialista para que a Xunta deseñe un programa de desenvolvemento, explotación e mellora da actividade marisqueira. O PP desbotou na Comisión de Pesca aplicar medidas para “dar o gran salto cualitativo na produción marisqueira”.

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN QUE FEIJOO VAI CONSTRUÍR UNHA GOLETA POR UN IMPORTE DE 1,8 MILLONS “MENTRAS IMPULSA O RECORTE NAS POLÍTICAS SOCIAIS”

O portavoz de Portos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Manuel Gallego rexistrou unha iniciativa na Cámara Autonómica para coñecer a tramitación administrativa para a construcción da Goleta en Cervo

Santiago, 15 de novembro de 2010. O portavoz de Portos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Manuel Gallego quere saber cal foi o modelo seguido, en especial, no que afecta o cumprimento da legalidade vixente na tramitación administrativa para a construcción dunha Goleta en San Cibrao no concello de Cervo, por un importe superior ao millón e medio de euros. Ademais denuncia que a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, esta “despilfarrando os nosos recursos”, xa que esta publicitando nos medios a construcción deste buque.

O deputado socialista, sinala na iniciativa rexistrada que Portos de Galicia en pleno auxe de recortes en políticas sociais, educación, sanidade, infraestructuras, etc., vén de anunciar a necesidade de construír unha goleta que suporá unha inversión aproximada de 1,8 millóns de euros para as arcas públicas, ademais duns custes posteriores de mantemento que non foron cuantificados polo Goberno galego.

Gallego lembra que o  ente público Portos de Galicia, optou por convocar un concurso público, neste caso, aberto a calquera participante que quixera presentarse para construír unha goleta.  Pero advirte que unha condición deste concurso é que o barco debería ser construído no porto de San Cibrao, onde só existe un estaleiro de carpintería de Ribeira.

OS SOCIALISTAS ADVIRTEN QUE OS ORZAMENTOS DE SANIDADE “VOLVEN INACCESIBLE O SISTEMA SANITARIO” AO INCREMENTAR AS LISTAS DE ESPERA. Modesto Pose considera unha “tomadura de pelo” que a Xunta queira facer 56 novos centros de saúde con só 4 millóns de euros

 

Desde Máis Camariñas queremos recordar todos os momentos vividos polo noso grupo humano dende os seus inicios. É por eso polo que poñemos en marcha esta minisección na que vos invitaremos a compartir todos eses instantes históricos da nosa agrupación. Comenzaremos recordando todos os actos que celebramos na campaña electoral das elccións municipais do ano 2007 e nas cales saíron vencedores coma sempre os Socialistas de Camariñas co noso novo Alcalde Pichurri ó frente. Esperamos que vos guste e que desfrutedes con estes Recordos dos Socialistas de Camariñas.
Páxina 58 de 58