Redacción

Redacción

No marco incomparable da área recreativa do Ariño, en Xaviña, os socialistas de Camariñas celebrarán a súa xa tradicional festa anual. Centos de militantes e simpatizantes reuniranse para compartir unha comida e, sobre todo, falar de política ou, simplemente, botar unha partida a brisca ou darse un baño nas cristalinas augas da nosa ría. A Comisión Executiva, que dirixe e coordina Encarna Liñeiro, xa se puxo mans a obra para que, coma sempre, esta festa volva a ser un éxito da man do magnífico equipo intercisciplinar de Germán Mouzo.

A acción ábrese esta fin de semana coa Exhibición da Escola Municipal de Baile Latino e de Salón, este sábado as 19:00 horas na Casa de Pedra. Nesta mesmo escenario, pero o domingo, terá lugar o peche da actividade para a Escola Municipal de Música e Baile Tradicional cunha Exhibición dos e das participantes. O recital comezará tamén as sete da tarde.

O Concello de Camariñas promocionará o seu encaixe na Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) que se celebrará en Silleda (Pontevedra) durante a próxima semana entre os días 9 e 11 de xuño. Ademais da representación institucional, acudirán ao certamen as dúas Asociacións de palilleiras de Camariñas: as veteranas Rendas e a Asociación de Palilleiras As Puntillas, unha entidade de recente creación, que nestes momentos atópase inmersa na captación de socios.

260 rapaces competiron en categorías Alevín e Benxamín, dentro da Fase Final Provincial. Dende primeira hora e cun esixente calendario de competición, rapaces e rapazas de toda a provincia protagonizaron unha intensa loita en pos do título.

O Salón de actos da Casa de Pedra foi o lugar escollido para a celebración do concerto de despedida das Escolas de Música. No seu discurso o concelleiro de cultura, Sergio Caamaño, destacou o traballo realizado en promoción cultural polo concello. O Concelleiro destacou que “neste curso escolar decidimos apostar polos tres grandes bloques culturais: a danza, o teatro e a música. O obxectivo é manter e innovar. Mantivemos as disciplinas de danza e música tradicional, que farán unha exhibición o próximo domingo e a música e movemento, guitarra, baixo, e ademais incorporamos o instrumento piano”

O Boletín Oficial da Provincia ven de publicar o acordo do Concello de Camariñas en relación coa modificación da taxa por visitas a museos, exposicións, bibliotecas, monumentos históricos ou artísticos e outros centros ou lugares análogos no concello. Así, a visita ó Museo do Alemán terá un custe simbólico de 1€ por visitante. O Concello aplica así a mesma consideración que se usara para a xestión do Museo do Encaixe e con este fin reforma a ordenanza reguladora.

A Escola Municipal de Música do Concello de Camariñas ofrecerá o próximo domingo 29 de maio un concerto das especialidades musicais impartidas por este curso na localidad: guitarra, piano e iniciación musical. O acto de clausura será as sete da tarde na Casa de Pedra. No concerto participarán os alumnos matriculados durante este curso escolar, para mostrar así o traballo feito neste tempo.

A Agrupación Municipal Socialista de Camariñas, a que conta cun maior número de militantes da Costa da Morte, elixirá entre José Luís Méndez Romeu e Xaquín Fernandez Leiceaga o seu candidato á Xunta de Galicia.

O Concello de Camariñas buscará financiamento nos próximos meses para a construción dun centro de día na localidade. A próxima semana enviará unha memoria á Xunta de Galicia para que estude este proxecto e empezar así a buscar vías de financiamento, posto que o Concello non ten capacidade para asumir unha obra destas características. A construción destas instalacións supera os 600.000 euros (611.630 euros), e tería capacidade para trinta usuarios.

Tres parques mais seguros, mais cómodos e máis modernos. O departamento de obras do Concello Camariñán ven de ultimar a colocación dun novo pavimento en tres parques infantís no termo municipal.

Páxina 2 de 58