Redacción

Redacción

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O TAN ESPERADO CAMBIO NA POLITICA GALEGA. Coa intervención de  Juan Carlos Canosa, Coordinador comarcal da Costa Atlántica dou comezo o acto no que interviron o noso alcalde Pichurri e Marisol Soneira Vice-Presidenta segunda da mesa do Parlamento de Galicia. Logo chegaría o turno do descurso dunha emocionadísima Encarna Liñeiro que resaltou todo o que está por vir co cambio que quere protagonizar o PSdeG na Xunta de Galicia. Finalmente foi o turno do noso candidato, Xoaquin Fernandez Leiceaga  que falou intensamente das respostas novas que dende o PSdeG queremos para todos os galegos e galegas.  E, como Encarna, puntualizou especialmente na sanidade e educación universal gratuita e de calidade para todos e todas, da política pesqueira, dos servicios sociais e da tan necesaria aplicación da ley da dependencia. Un cheo absoluto como os de toda a vida na Casa de Pedra de Camariñas que agardamos sexaun impulso máis para lograr que o noso candidato Leiceaga leve o cambio tan necesario para todos os cidadáns de Galicia.

Hoxe na Casa de Pedra de Camariñas non se celebrará tan só un mitin. Hoxe é o comenzo do cambio. O comenzo para as respostas novas que queremos para Camariñas e Galicia. Respostas novas para os nosos mariñeiros. Respostas novas para a Sanidade. Respostas novas para a Educación dos nosos fillos e fillas. Hoxe estades todos invitados a partir das 6 e media da tarde na Casa de Pedra para escoitar ao noso querido veciño de Camelle Juan Carlos Canosa Marcote, coordinador Comarcal do PSdeG da Costa da Morte, Marisol Soneira, Vice-presidenta Segunda da mesa do Parlamento de Galicia, Pichurri, Alcalde de Camariñas, Encarna Liñeiro Pouso, candidata, e sobre todo, a Xoaquín Fernández Leiceaga,  para coñecelo e ver que é un político cercano, humilde e preparado para ser o Presidente que faga posible o cambio en Galicia. Xoaquín Fernández Leiceaga, unha resposta nova.

O Concello de Camariñas iniciou hoxe o programa “Xantar na Casa”, despois de firmar o recente convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia. O novo servizo comeza con dez usuarios, aínda que se prevé o seu incremento durante os vindeiros meses. De momento os usuarios pertencen ao casco urbano de Camariñas, Ponte do Porto, Camelle e Santa Mariña. Os beneficiarios pagan dous euros cada día pola comida e o resto do importe é subvencionado polo Concello e o Consorcio Galego.

Algo máis de 150 nenos participan este verán nos obradoiros deportivos e culturais que organiza o Concello de Camariñas durante o verán, batendo unha cifra récord das últimas edicións. Durante os meses de xullo e agosto os rapaces disfrutan de múltiples actividades neste municipio, o que fai que cada ano aumente o número de participantes. Ademais, o concelleiro de Deportes, José Manuel Canosa Campaña, destaca que Camariñas é o único Concello da Costa da Morte que realiza este tipo de actividades durante os dous principais meses do verán, xullo e agosto, o que axuda a conciliar a vida familiar e laboral durante o período estival.

A escola infantil de Camariñas cumprirá o vindeiro venres 8 de xullo dez anos desde a súa posta en marcha, polo que o Concello organizou unha gran festa para conmemorar este aniversario. Nas instalacións haberá unha exposición fotográfica con todos os nenos que pasaron por alí nestes dez anos e tamén están previstos numerosos actos lúdicos para os nenos durante toda a tarde. Si o tempo permíteo faranse ao aire libre, pero en caso contrario terán que realizarse no interior das instalacións.

O alto da Virxe do Monte, no monte Farelo, vai ser o lugar escollido para a recreación dos ritos que saudaban a chegada do verán, co solsticio de verán, este próximo luns en Camariñas.

Festur celebra a súa terceira edición como espazo de encontro das festas de interese turístico galegas. Unha cita que se unirá, do mesmo xeito que en 2015, ao salón turístico Turexpo Galicia, para ofrecer unha atractiva proposta que ademais se enmarcará na 39a Feira Internacional Abanca- Semana Verde de Galicia para crear sinergias con este emblemático certamen multisectorial.

O próximo sábado, 18 de xuño, no marco incomparable da zona recreativa do Ariño, en Xaviña, os socialistas de Camariñas celebrarán a súa festa anual cunha comida campestre en camaradería e co ambiente distendido de sempre.

Os veciños poden consultar cun arquitecto da oficina redactora do Plan, os xoves, de 10:00 a 14:00 horas nas oficinas do Concello. O Concello de Camariñas quere lembrar a veciños e veciñas involucrados na area que delimitara o Plan Especial de Proteccion e Reforma Interior, que segue aberto o prazo para solicitar información ou realizar alegacións dentro dos dous meses aos que o concello decidíu ofrecer a exposición do plan.

Un equipo da TVG estuvo esta mañá en Camariñas para grabar un programa de “O mellor chiste do ano”, que prepara esta canle para a súa próxima emisión. No programa participaron membros da Asociación de Amas de Casa de Camariñas, que preside Lola Méndez, que exerceron como xurado doutro participante neste concurso. Ademais, un veciño de Camariñas foi seleccionado como concursante ao mellor chiste, que a súa vez, será valorado por outro xurado distinto. Ademais de participar no programa, dende a Asociación de Amas de Casa aproveitaron para promocionar o encaixe de Camariñas e regaláronlle ao presentador do concurso, Paco Toba, unha garabata de encaixe elaborada polas socias da entidade. O presentador lucirá este agasallo durante a emisión do programa na canle autonómica, que de momento, aínda non ten data.

Páxina 1 de 58