Sergio Caamaño

Sergio Caamaño

Pichurri mantivo unha reunión co departamento de comunicación e relacións institucionais de Inditex para falar do Encaixe de Camariñas e a posible colaboración para a comercialización. O Concello de Camariñas leva xa algún tempo promocionando o Encaixe de Camariñas. Compre recordar o deseño da botella de Cabreiroá e as numerosas exposicións que se fixeron fóra do termo municipal.
O Concello de Camariñas está a renovar o mercado municipal dentro dun programa no que aposta firmemente polos comerciantes e as comercializadoras de pescado e produtos agrícolas. Son varias as actuacións individuais que se están a realizar nun mesmo lugar: o mercado municipal e o seu entorno.

 

O Concello de Camariñas, coma tódolos anos, arregla a pista de Reira. Limpeza de cunetas e drenaxes e algo máis de 15 Km entre o Faro Vilán e o Cemiterio dos ingleses. Tódolos anos o Concello de Camariñas mantén as rúas do noso municipio. Dentro delas atópase unha das pistas máis utilizadas polos pescadores e polos turistas, a pista de Reira.

 

O Concello de Camariñas vai comprar un tractor que se usará para labores de mellora ambiental. Co fin de mellorar a limpeza das rúas, roteiros de senderismo e praias do noso municipio, nace esta iniciativa que aumentará a rapidez de actuación dos empregados municipais de obras.
Páxina 10 de 10